Hermes Trismegistus ou Hermes Trismexisto (, 'tres veces grande') foi un filósofo neoplatónico grego, autor de moitas obras. Algunhas delas consérvanse en grego ou traducidas ao latín. Comparaba as relixións grega e exipcia e identificou o deus Hermes co exipcio Thoth. Esta mestura acentuouse durante a expansión do cristianismo.

Historia Mencionado principalmente na literatura ocultista como un sabio alquimista, desenvolveu un sistema de crenzas metafísicas que hoxe se coñece como Hermetismo. Para algúns pensadores medievais, Hermes Trismexisto foi un profeta pagán que anunciou a chegada do cristianismo. Atribuíronselle estudos de alquimia como a Táboa Esmeralda, traducida do latín ao inglés por Isaac Newton, e de filosofía, como o Corpus Hermeticum. Debido á falta de probas da súa existencia, o personaxe histórico foi construído de forma ficticia dende a Idade Media, e en especial tras o rexurdir do esoterismo.

A tradición islámica Segundo Antoine Faivre, Hermes Trismexisto ten un lugar na tradición islámica, aínda que o nome de Hermes non aparece no Corán. Os haxiógrafos e cronistas dos primeiros séculos da Héxira islámica identificaron a Hermes Trismexisto con Idris (o Nabi das suras 19, 57, 21, 85) e tamén con Henoc.Bíblia, Gènesi 5:18-30

Segundo Faivre, o seu nome alude a que era "tres veces Hermes". O primeiro, comparable a Thoth, era un "heroe civilizador", un iniciado nos misterios da ciencia divina e da sabedoría que anima o mundo, e gravou os principios desa ciencia sagrada nos xeróglifos. O segundo, o de Babilonia, foi o iniciador de Pitágoras. O terceiro Hermes foi o primeiro mestre da alquimia. "Un profeta sen rostro", escribe o islamista Pierre Lory.

Traballos Atribúenselle milleiros de obras (Iámblico falaba dunhas 20.000 e Manetón de máis de 36.000). Consérvanse algúns libros de carácter filosófico, astrolóxico e relixioso. Probabelmente, o gran número de escritos mencionados (aínda que menos de 20.000) non fosen obra do propio Hermes senón de autores neoplatónicos. As principais obras son:

(talvez a máis antiga)

De Revolutionibus Nativitatum

Aforismi sive Centum Sententiae Astrologicae ou Centiloquium,

Liber Physico-Medicus Kiranidum Kiram, id est, regis Persarum vere aureus gemmesque,

Tractatus vere Aureus de Lapidis Philosophici Decreto

Tabula Smaragdina

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

La posada de Hermes Arquivado o 31 de agosto de 2008: Historia da filosofía hermética,

Categoría:Personaxes de ficción