Adrián Noia Vázquez, coñecido como Adrián Noia, nado en Santiago de Compostela en xullo de 2001, é un filólogo e escritor galego.
Traxectoria Noia estudou a ESO e o Bacharelato no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela. É graduado en Lingua e Literatura Españolas e máster de Profesorado pola USC. Comezou a súa andaina literaria escribindo relatos curtos e gañou varios certames na categoría xuvenil.
Obtivo o II premio de novela curta no programa Xuventude Crea 2021 da Xunta de Galicia con O país dos raposos (Toxosoutos, 2022).
A súa segunda novela é A terra leve (Medulia Editorial, 2024). Segundo o autor, este libro trátase dunha "obra íntima de alento devanceiro, que só pretende facer xustiza a unha historia familiar agochada e menosprezada".
En outubro de 2025, publicou a súa terceira novela Pontealbar (Editorial Galaxia, 2025), unha novela xuvenil de fantasía baseada na lenda da aldea da Pontealbar (Xavestre, Trazo). En novembro de 2025, recibiu o Premio SELIC de Creación Literaria (2025) do Concello de Santiago pola novela O silencio non arrola.
Adrián Noia participou como membro do xurado do certame de banda deseñada AX1 e do premio Breviter de microrrelatos do IES Arcebispo Xelmírez I en varias edicións.
Abriu a páxina web adriannoia.gal en outubro de 2024.
Obra Narrativa O país dos raposos (2022). Noia: Toxosoutos. 122 páxs. ISBN 978-84-125393-3-2. A terra leve (2024). A Coruña: Medulia. 112 páxs. ISBN 978-84-19438-79-9. Pontealbar (2025). Vigo: Galaxia. 160 páxs. ISBN 978-84-1176-508-4. O silencio non arrola (2026). Santiago de Compostela: Edicións Positivas. 154 páxinas. ISBN 979-13-990398-7-0. Premio SELIC 2025.
Ensaio
Vai no Dentista. 30 anos do grupo de teatro do Instituto Arcebispo Xelmírez I (1995-2025) (2026). Santiago de Compostela: Alvarellos Editora, Consorcio de Santiago. 208 páxs. ISBN 978-84-18567-99-5.
Obras colectivas "Quero vivir nun mundo inventado" (limiar) en AX1: obras premiadas no Certame de Banda Deseñada AX1 (2022). Santiago de Compostela: IES Arcebispo Xelmírez I. 83 páxs. Edición non venal. "Alegoría da morte" na antoloxía literaria Scripta manent. 50 anos de memoria e palabra (2025), coordinada por Cristina Mourón. Santiago de Compostela: Edicións USC. 147 páxs. ISBN 978-84-10142-79-4.
Artigos e outros textos
"As mil caras do teatro", en coautoría con Sagrario Torrado, na revista Eduga: revista galega do ensino (nº 88, 2024). ISSN-e 2171-6595. "Estoria do bendito San Amaro", en coautoría con Rosario Crespo Amado, en Viñetas BD (2025). A Coruña: Viñetas desde o Atlántico / Concello da Coruña. 63 páxs. Edición non venal. "Carta onírica a catro autoras unidas por un fío emotivo", no xornal dixital Praza Pública (5 de marzo de 2026).
Premios I premio de relato xuvenil no XXV Certame Literario A Pipa da Alta Montaña Luguesa (2016) por Aquel anaco de carta. I premio de relato xuvenil no XI Certame Literario Terras de Chamoso (2017) por Diario dunha marea negra. II premio de novela curta no programa Xuventude Crea (2021) por O país dos raposos (Toxosoutos, 2022). Premio SELIC de Creación Literaria 2025 do Concello de Santiago pola novela O silencio non arrola.
Notas
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 2001 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela