Avatar: The Way of Water é un filme estadounidense de 2022 dirixido por James Cameron, quen escribiu o guión xunto con Rick Jaffa e Amanda Silver a partir dunha historia que os tres escribiron con Josh Friedman e Shane Salerno. Producido por Lightstorm Entertainment e TSG Entertainment, e distribuído por 20th Century Studios, é a secuela de Avatar (2009) e o segundo título da saga cinematográfica Avatar. Os membros do elenco que xa apareceron no anterior filme son Sam Worthington, Zoe Saldaña, Stephen Lang, Joel David Moore, CCH Pounder, Giovanni Ribisi, Dileep Rao e Matt Gerald, xunto con Sigourney Weaver nun papel adicional. Os novos membros do elenco son Kate Winslet, Cliff Curtis, Edie Falco e Jemaine Clement. No filme, o Na'vi Jake Sully (Worthington) e a súa familia, baixo unha renovada ameaza humana, buscan refuxio co clan Metkayina de Pandora.
Personaxes
Sam Worthington como Jake Sully Zoe Saldaña como Neytiri Sigourney Weaver como Kiri Sully Weaver tamén reapareceu no seu papel como a doutora Grace Augustine Stephen Lang como Coronel Miles Quaritch Kate Winslet como Ronal Cliff Curtis como Tonowari Joel David Moore como Dr. Norm Spellman CCH Pounder como Mo'at Edie Falco como Xeneral Frances Ardmore Brendan Cowell como Capitán Mick Scoresby Jemaine Clement como Dr. Ian Garvin Jamie Flatters como Neteyam Sully Britain Dalton como Lo'ak Sully Chloe Coleman como Lo'ak de neno Trinity Jo-Li Bliss como Tuk Sully Jack Champion como Miles Quaritch "Spider" Socorro Bailey Bass como Tsireya ("Reya") Filip Geljo como Aonung Duane Evans, Jr. como Rotxo Giovanni Ribisi como Parker Selfridge Dileep Rao como Dr. Max Patel Matt Gerald como Cabo Lyle Wainfleet
Notas
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por James Cameron Categoría:Filmes rodados en Nova Zelandia Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19 Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de TSG Entertainment Categoría:Filmes de Lightstorm Entertainment Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2022 en 3D Categoría:Filmes sobre extraterrestres Categoría:Filmes sobre familias