Taputapuatea é unha comuna da Polinesia Francesa, un territorio de ultramar de Francia no océano Pacífico. A comuna de Taputapuatea está situada na illa de Raiatea, na subdivisión administrativa das Illas de Sotavento, elas mesmas parte das Illas da Sociedade. No censo de 2017 tiña 4.792 habitantes.Répartition de la population en Polynésie française en 2017 , Institut de la statistique de la Polynésie française A comuna recibiu o nome dun gran complexo de marae que foi o centro relixioso da Polinesia oriental durante aproximadamente 1000 anos. O sitio arqueolóxico de Taputapuatea marae é aínda hoxe o fito máis famoso de Raiatea, e foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO en 2017.

Taputapuatea consta das seguintes comunas asociadas: Avera Opoa Puohine

O centro administrativo da comuna é o asentamento de Avera.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Oceanía Ligazóns externas

Categoría:Polinesia Francesa