Värmland é unha provincia histórica sueca (landskap) no oeste do país e ao norte do lago Vänern, na rexión de Svealand. Orixinalmente a provincia pertencía a Götaland, cos bosques de Kilsbergen como fronteira natural con Svealand ao leste. Värmland pertence a esta última rexión dende o ano 1815. O landskap é rico en lagos e bosques. A agricultura atópase principalmente nas chairas preto do Vänern e nos vales que se estenden na provincia. No ano 2021 Värmland tiña unha poboación de 322 010 habitantes.
Notas
Categoría:Provincias históricas de Suecia