Billu (en ), tamén coñecido como Billu Barber, é un filme indio de 2009 rodado en lingua hindi e dirixido por Priyadarshan. Foi producido por Red Chillies Entertainment e distribuído por Eros International. É unha adaptación oficial do filme malaiala Kadha Parayumbol, adptado e traducido por Mushtaq Shiekh e Manisha Korde, e está protagonizado por Irrfan Khan e Lara Dutta, xunto con Om Puri, Asrani e Rajpal Yadav nos papeis secundarios. Shah Rukh Khan fai aparicións como convidado especial. Kareena Kapoor, Priyanka Chopra e Deepika Padukone fan cameos nas cancións. O filme estreouse nos cinemas das India o 13 de febreiro de 2009.
O filme tamén é unha adaptación da historia de Sudama e Krishna. Proxectouse no Festival Internacional de Cinema de Hawai.
Personaxes Irrfan Khan como Bilas Rao Pardesi / Billu Lara Dutta como Bindiya Pardesi Shah Rukh Khan como Sahir Khan Om Puri como Sahukaar Daamchand Asrani como Naubat Chacha Rajpal Yadav como Zallan Kumar / Budbudiya Manoj Joshi como Damodar Dubey Jagadeesh como 'Modern' Madan Rasika Joshi como directora Gahalot Mitali Mayekar como Gunja Pratik Dalvi como Ronak / Duggu
Aparicións especiais Kareena Kapoor en "Marjaani" como a heroína de Sahir Khan Priyanka Chopra en "Khudaya Khair" como a heroína de Sahir Khan Deepika Padukone en "Love Mera Hit Hit" como a heroína de Sahir Khan
Controversia O filme foi orixinalmente titulado Billu Barber, mais as asociacións de peiteado e salóns de beleza de Bandra suscitaron obxeccións ao considerar despectivo o uso da palabra "barbeiro". Como xefe da produtora do filme, Shah Rukh Khan finalmente eliminou a palabra do título e das promocións, renomeando o filme a Billu. Tamén convidou aos membros da Asociación de Perruqueiros de Bombai á estrea do filme para calmar as súas protestas.
Notas
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Priyadarshan Categoría:Filmes de Red Chillies Entertainment Categoría:Filmes sobre Bollywood