Emiliano Augusto Cavalcanti de Albuquerque, nado en Río de Xaneiro o 6 de setembro de 1897, e finado ibídem o 26 de outubro de 1976, máis coñecido como Di Cavalcanti, foi un pintor modernista, deseñador, ilustrador, muralista e caricaturista brasileiro. A súa arte contribuíu significativamente para distinguir a arte brasileira doutros movementos artísticos da súa época, a través das súas recoñecidas cores vibrantes, formas sinuosas e termas tipicamente brasileiros como o carnaval, mulatas e tropicalismos en xeral.

As súas principais obras son: Samba, Músicos, Cinco moças de Guaratinguetá, Mangue, Pierrete, Pierrot, As Mulatas, entre outras. miniatura|Di Cavalcanti no Museo de Arte de São Paulo (MASP), 1965 Di Cavalcanti é, xuntamente con outros grandes nomes da pintura como Anita Malfatti e Tarsila do Amaral, un dos máis ilustres respresentantes do modernismo brasileiro. miniatura|Mural de Di Cavalcanti na fachada do Edificio Triângulo, en São Paulo, Brasil. O edificio foi deseñado en 1955 por Oscar Niemeyer.

Cronoloxía

Obras principais

Pierrete - 1922 Pierrot - 1924 Samba - 1925 Mangue - 1929 Cinco moças de Guaratinguetá - 1930 Mulheres com frutas - 1932 Família na praia - 1935 Vênus - 1938 Ciganos - 1940 Mulheres protestando - 1941 Arlequins - 1943 Gafieira - 1944 Colonos - 1945 Abigail - 1947 Aldeia de Pescadores - 1950 Nu e figuras - 1950 Retrato de Beryl - 1955 Tempos Modernos - 1961 Tempestade - 1962 Retrato de Marina Montini - década de 1960 Duas Mulatas - 1964 Músicos - 1963 Ivette - 1963 Rio de Janeiro Noturno - 1963 Mulatas e pombas - 1966 Baile Popular - 1972

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Di Cavalcanti

Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Finados en 1976 Categoría:Nados en 1897 Categoría:Pintores do Brasil