Emilio Pereiro Quiroga, nado en Furelos (Melide) en 1873 e finado na vila de Melide en 1941, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo do mestre de Furelos Andrés Pereiro. Estudou no Seminario de Lugo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado en Melide. Poeta en castelán e galego, colaborou en De Todo un Poco, Follas Novas, Revista Gallega, Aires d’a Miña Terra e Nova Galicia. Na ditadura de Primo de Rivera foi secretario do concello de Arzúa e foi nomeado alcalde de Arzúa en febreiro de 1926.BOP A Coruña, 17-3-1926, p. 2. Permaneceu no posto ata o ano seguinte.

Vida persoal Casou en 1910 con Juana Teresa Juega López e foi pai de Emilio, Luis, Teresa e Carlos Pereiro Juega.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Persoeiros das letras de Melide

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alcaldes de Arzúa

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Melide Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1941