miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Palau, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Palau ratificou a convención o 11 de xuño de 2002, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

A Lagoa meridional de Chelbacheb foi o primeiro lugar de Palau incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, inscrito na 36ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en San Petersburgo (Rusia) en 2012. É o único sitio de Palau declarado Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación mixta.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Palau Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Descrición01 Lagoa meridional de Chelbacheb200px| Koror 2012 1386; I, III, V, VII, IX, X (mixto)A Lagoa do Sur das Illas Rochosas abrangue 100.200 ha e inclúe 445 illas calcarias deshabitadas de orixe volcánica. Moitas delas mostran formas únicas semellantes a cogomelos en lagoas turquesas rodeadas de arrecifes de coral. A beleza estética do sitio vese realzada por un complexo sistema de arrecifes con máis de 385 especies de coral e diferentes tipos de hábitat. Albergan unha gran diversidade de plantas, aves e vida mariña, incluíndo dugongos e polo menos trece especies de tiburóns. O sitio alberga a maior concentración de lagos mariños de todo o mundo, masas illadas de auga de mar separadas do océano por barreiras terrestres. Están entre as características distintivas das illas e manteñen un alto endemismo de poboacións que continúa a producir descubrimentos de novas especies. Os restos de aldeas de canteira, así como os sitios de enterramento e a arte rupestre, dan testemuño da organización de pequenas comunidades insulares durante uns tres milenios. O abandono das aldeas nos séculos XVII e XVIII ilustra as consecuencias do cambio climático, o crecemento da poboación e o comportamento de subsistencia nunha sociedade que vive nun ambiente mariño marxinal.ref>50px Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.</ref>

Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional. En 2025, Palau incluíu catro sitios na súa lista provisional.

+ Sitios provisionais Sitio Imaxe Localización (estado) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición Ouballang ra Ngebedech (Socalcos Ngebedech)150px|alt=Os socalcos Ngebedech rodeados de bosque.Ngiwal2004II, III, V (cultural) Área de Conservación de ImeongKoror2004(mixto) Canteiras de Yapease150px|alt=Unha moeda de pedra do Museo Nacional de Historia Natural que se atopa nos Estados Unidos.Airai2004I, II, III (cultural) Cáupel de pedra de Tet el Bad150px|alt=Un cáupel de pedra situado no bosque de Tel el Bad.Ngarchelong2004I (cultural)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país