Happy New Year (en ; ás veces abreviado como HNY) é un filme indio de 2014 dirixido por Farah Khan e producido por Gauri Khan baixo o selo Red Chillies Entertainment. O filme está protagonizado por Shah Rukh Khan, Deepika Padukone, Abhishek Bachchan, Sonu Sood, Boman Irani, Vivaan Shah e Jackie Shroff. Foi distribuído internacionalmente por Yash Raj Films. Conta a historia dun grupo de perdedores que se transforma nun equipo que conquista o corazón da xente da cidade e de todo o mundo, todo como parte da súa procura por conseguir o maior atraco de diamantes xamais visto.

Personaxes Shah Rukh Khan como Chandramohan Manohar Sharma (Charlie) Abhishek Bachchan como Nandu Bhide/Vicky Grover (dobre rol) Deepika Padukone como Mohini Joshi Sonu Sood como Capitán Jagmohan Prakash (Jag) Boman Irani como Temhton Irani (Tammy) Vivaan Shah como Rohan Singh Jackie Shroff como Charan Grover Varun Pruthi como asistente de Charan Grover Kavi Shastri como señor Gupta

Notas

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Farah Khan Categoría:Filmes de Red Chillies Entertainment