Os escarabeoideos (Scarabaeoidea) son unha superfamilia de escaravellos, que son o único subgrupo da infraorde Scarabaeiformia. Nesta superfamilia clasifícanse unhas 35 000 especies e cada ano descríbense unhas 200 novas especies. As familias que a constitúen están en revisión actualmente e a lista de familias de máis abaixo é só preliminar.

O membro confirmado máis antigo do grupo é Alloioscarabaeus do Xurásico medio atopado na formación Jiulongshan da rexión chinesa de Mongolia Interior.

Familias esquerda|senmarco As seguintes familias figuran en Bouchard (2011):

Belohinidae Paulian, 1959 Diphyllostomatidae Holloway, 1972 (false stag beetles) Geotrupidae Latreille, 1802 Glaphyridae MacLeay, 1819 Glaresidae Kolbe, 1905 Hybosoridae Erichson, 1847 inclúe Ceratocanthidae Lucanidae Latreille 1804 Ochodaeidae Mulsant e Rey 1871 Passalidae Leach, 1815 Pleocomidae LeConte 1861 Scarabaeidae Latreille 1802 Trogidae MacLeay 1819 † Coprinisphaeridae Genise, 2004 (icnotaxon) † Pallichnidae Genise, 2004 (ichnotaxon) † Passalopalpidae Boucher, et al., 2016

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Checklist of the Scarabaeoidea of the Nearctic Realm (2003) Escarabeoideas do Levante Películas de Scarabaeoidea de Tree of Life Project Scarabeoidea de Italia