A Lei nº 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, máis coñecida como Lei Valentín Paz-Andrade, é unha lei do Parlamento de Galiza.
Historia miniatura|Valentín Paz-Andrade|280x280px Nacida da Iniciativa lexislativa popular Valentín Paz-Andrade, da que se toma o nome co que máis comunmente se coñece a lei, é un instrumento normativo que pretende estreitar os lazos de Galiza e a variedade galega da lingua portuguesa co resto de variedades da lingua portuguesa e dos países onde é oficial. A iniciativa popular, apoiada especialmente por sectores reintegracionistas da sociedade, leva o nome do economista, xurista e escritor galego Valentín Paz-Andrade, ilustre defensor do achegamento entre a norma escrita galega e portuguesa, quen foi observador no Acordo Ortográfico de 1990.
Cando foi enviada ao Parlamento en 2012, a iniciativa contou con 17.000 sinaturas e foi aprobada por unanimidade en 2014.
En 2022 o goberno da Xunta e a oposición valoraron a súa aplicación, discrepando nos obxectivos acadados.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Binormativismo Valentín Paz-Andrade Reintegracionismo
Categoría:Política de Galicia Categoría:Reintegracionismo Categoría:Lingua portuguesa Categoría:2014 en Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes