Os histeroideos (Histeroidea) son unha superfamilia de escaravellos da infraorde Staphyliniformia.

Características As características comúns dos histeroideos son unha crista posterior accesoria (dispositivo para o peche) detrás da marxe traseira e a presenza dun bucle medial e unha bisagra apical na á. Élitros truncados, 1 ou 2 segmentos abdominais visibles, 8º segmento abdominal completamente invaxinado no 7º segmento. Antenas con 8 (raramente 7) segmentos que preceden a unha maza formada por segmentos fusionados. Superficie ventral do corpo glabra (sen pelos).M.Hansen. Phylogeny and classification of the staphyliniform beetle families (Coleoptera). Biologiske Skrifter, Copenhagen, 1997

Sistemática Algúns autores tratan os Histeroidea como unha soa familia dentro da superfamilia Hydrophiloidea (Hydrophiloidea sensu lato), xa que parece ser que forman un clado.R.G.Beutel, R.A.B.Leschen (2005) Phylogenetic analysis of Staphyliniformia (Coleoptera) based on characters of larvae and adults Systematic Entomology 30 (4), 510–548 Actualmente recoñécense tres familias con representantes vivos no grupo: Histeridae (3900+ especies) Sphaeritidae (7 especies) Synteliidae (9 especies) Os fósiles máis antigos coñecidos da familia son Cretohister e Antigracilus do Cretáceo temperán (Aptiano) da formación Yixian da China, que están máis estreitamente relacionados cos Histeridae que coas outras dúas familias.

Notas

Véxase tamén Ligazons externas

en Tree of Life

Categoría:Staphyliniformia