Rocco e os seus irmáns () é un filme franco-italiano de 1960 dirixido por Luchino Visconti e protagonizado por Alain Delon, Annie Girardot, Renato Salvatori, Katina Paxinou, Roger Hanin, Paolo Stoppa e Claudia Cardinale, nun dos seus primeiros papeis. Ambientado no Milán de 1960, conta a historia dunha familia migrante do sur de Italia e a súa desintegración na sociedade do norte industrial.
Estreouse en galego o 12 de febreiro de 2022 na TVG.Programación da TVG o 12-02-2022
Argumento A historia comeza cando Rosaria Parondi, fuxindo da miseria de Lucania, a súa terra natal, chega con catro dos seus fillos ao moderno Milán para reunirse co seu fillo maior Vincenzo. Os cinco irmáns, Vincenzo, Simone, Rocco, Ciro e Luca loitan de formas diferentes por intentar adaptarse á impersoal sociedade dunha gran cidade.
A historia xira arredor da relación de Simone e Rocco, que desexan a mesma muller, Nadia, unha prostituta, e dos intentos de Simone de procurar a fortuna por medio do boxeo.
Personaxes
Alain Delon como Rocco Parondi Annie Girardot como Nadia Renato Salvatori como Simone Parondi Katina Paxinou como Rosaria Parondi Roger Hanin como Duilio Morini Spiros Focás como Vincenzo Parondi Claudia Cardinale como Ginetta Paolo Stoppa como Tonino Cerri Max Cartier como Ciro Parondi Rocco Vidolazzi como Luca Parondi Alessandra Panaro como Franca Suzy Delair como Luisa Claudia Mori como Raffaella Adriana Asti como Giannina Nino Castelnuovo como Nino Rossi Corrado Pani como Ivo Renato Terra como Alfredo Biagio Gambini como Renzo Enzo Fiermonte como boxeador
Notas
Categoría:Filmes de 1960 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Luchino Visconti Categoría:Filmes rodados en Roma Categoría:Filmes rodados en Milán Categoría:Filmes ambientados en Milán Categoría:Filmes de 1960 con versión en galego