miniatura|Larva de Altica sp. miniatura|Disonycha xanthomelas miniatura|Luperaltica nigripalpis Alticini é unha tribo de pequenos escaravellos saltadores da familia Chrysomelidae, subfamilia Galerucinae. Historicamente estaban clasificadas na súa propia subfamilia.

Aínda que a maioría das tribos dos Galerucinae poden ser parafiléticas, os Alticini considéranse un clado monofilético.

Descrición e ecoloxía

Os adultos son crisomélidos moi pequenos ou de tamano moderado, que están entre os escaravellos máis pequenos. Son similares a outros crisomélidos, pero caracterízanse por ter os fémures das patas posteriores moi agrandados. Estes fémures agrandados permiten a acción de choutar que realizan cando os molestan. Poden tamén camiñar normalmente e voar. Moitos deles teñen cores atractivas, que poden ser escuras, brillantes e a miúdo con cores metálicas predominantes.

Os adultos aliméntanse externamente de plantas, comendo a superficie das follas, talos e pétalos. Cando se alimentan intensamente os pequenos buracos redondos causados por un individuo poden coalescer formando grandes áreas danadas. Algunhas larvas (por exemplo as de Phyllotreta) comen raíces.

En condicións climatolóxicas adversas (chuvia, por exemplo) algúns deles procuran refuxio no solo. Algunhas especies, como Phyllotreta cruciferae e P. striolata, prefiren abandonar os seus esconderixos só durante o tempo seco e cálido.

Relacións cos humanos Os Alticini poden ser beneficiosos ou ser pragas, dependendo da especie.

Praga

Moitos cultivos agrícolas importantes poden ser atacados por estes escaravellos, como varias plantas crucíferas como a mostaza e a colza (concretamente a canola no noroeste de Norteamérica). Numerosas plantas de xardín tamén poden ser atacadas, como as flores de Gardenia e Rothmannia por especies de Altica.

Os Alticini executan os seus ataques máis graves durante o tempo seco e son máis activos nos días solleiros. As larvas mastigan raíces.

Plantas acompañantes

Estes escaravellos poden ser disuadidos por varias plantas acompañantes, que se cultivan entre as plantas de xardín acompañando a outras plantas veciñas máis valiosas ás que benefician. Por exemplo, o tomiño, herba gateira e tipos de menta tapan co seu cheiro o olor das plantas próximas.

Os ravos, por outra parte, poden cultivarse como colleita trampa, tentando aos escaravellos e afastándoos de colleitas máis importantes. Como a súa raíz non é danada polos escaravellos, os ravos seguen sendo utilizables.5 Secrets to Vegetable Garden, Companion Planting Revealed

Poden empregarse varios predadores naturais para manter os escaravellos controlados, incluíndo algúns que os parasitan, como as vespas bracónidas e as moscas taquímidas. En ambos os casos, a larva aliméntase do escaravello, mentres que o adulto se alimenta de néctar e pole; algunhas especies son incluso importantes polinizadores. Para animar ás vespas bracónidas e ás moscas taquínidas plántanse certo tipo de flores entre a colleita: umbelas como a carvea, fiúncho, coandro e Ammi majus, e simples flores abertas como as papoulas de California e a maravalla, así como a milfollas.

Insectos beneficiosos

Outras especies de Alticini son beneficiosas, alimentándose de malas herbas e plantas molestas similares. Unhas poucas especies foron introducidas en varios lugares como axentes de control biolóxico contra algunhas malas herbas. Un exemplo importante é o seu uso no control da Euphorbia virgata, unha mala herba invasiva nos Estados Unidos de América. Ten un látex tóxico e evítana xeralmente os herbívoros. Os Alticini do xénero Aphthona foron introducidos con éxito para controlar esta planta.

Xéneros seleccionados Esta lista de xéneros non é completa. É tamén parcialmente a do ITIS e podería incluír xéneros que outras fontes sitúan noutros grupos.

Acallepitrix J.Bechyné, 1956 Acrocyum Jacoby, 1885 Afroaltica Biondi & D'Alessandro, 2007 Agasicles Jacoby, 1904 Altica Geoffroy, 1762 Andersonoplatus Linzmeier & Konstantinov, 2018 Anthobiodes Weise, 1887 Aphthona Chevrolat en Dejean, 1836 Aphthonoides Jacoby, 1885 Apteropeda Chevrolat en Dejean, 1836 Argopistes Motschulsky, 1860 Argopus Fischer von Waldheim, 1824 Arrhenocoela Foudras, 1861 Asphaera Duponchel & Chevrolat, 1842 Aulacothorax Boheman, 1858 Batophila Foudras, 1860 Blepharida Chevrolat en Dejean, 1836 Capraita J.Bechyné, 1957 Cerataltica Crotch, 1873 Chaetocnema Stephens, 1831 Cornulactica Bechyné, 1955 Crepidodera Chevrolat en Dejean, 1836 †Crepidocnema Moskeyko et al., 2010 Derocrepis Weise, 1886 Dibolia Latreille, 1829 Disonycha Chevrolat en Dejean, 1836 Distigmoptera Blake, 1943 Dysphenges Horn, 1894 Epitrix Foudras en Mulsant, 1859 Glenidion H.Clark, 1860 Glyptina J.L.LeConte, 1859 Hemiglyptus Horn, 1889 Hemiphrynus Horn, 1889 Hermaeophaga Foudras, 1860 Heyrovskya Madar & Madar, 1968 Hippuriphila Foudras en Mulsant, 1859 Hornaltica Barber, 1941 Kashmirobia Konstantinov & Prathapan, 2006 Kuschelina J.Bechyné, 1951 Lanka Maulik, 1926 Longitarsus Berthold, 1827 Luperaltica Crotch, 1873 Lupraea Jacoby, 1885 Lysathia J.Bechyné, 1957 Lythraria Bedel, 1897 Mantura Stephens, 1831 Margaridisa J.Bechyné, 1958 Minota Kutschera, 1859 Mniophila Stephens, 1831 Mniophilosoma Wollaston, 1854 Monomacra Chevrolat en Dejean, 1836 Neocrepidodera Heikertinger, 1911 Nesaecrepida Blake, 1964 Nisotra Baly, 1864 Ochrosis Foudras, 1861 Oedionychis Latreille, 1829 Omophoita Chevrolat en Dejean, 1836 Orestia Chevrolat en Dejean, 1836 Pachyonychis H.Clark, 1860 Pachyonychus F.E.Melsheimer, 1847 Palaeothona Jacoby, 1885 Parchicola J.Bechyné e B.Springlová de Bechyné, 1975 Phydanis Horn, 1889 Phyllotreta Chevrolat en Dejean, 1836 Podagrica Chevrolat en Dejean, 1836 Pseudodibolia Jacoby, 1891 Pseudolampsis Horn, 1889 Pseudorthygia Csiki en Heikertinger e Csiki, 1940 Psylliodes Berthold, 1827 Sphaeroderma Stephens, 1831 Strabala Chevrolat en Dejean, 1836 Syphrea Baly, 1876 Systena Chevrolat en Dejean, 1836 Trichaltica Harold, 1876 Ugandaltica D'Alessandro & Biondi, 2018

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Descrición dos Alticini na Universidade de Kansas The Handbook of Palearctic Flea Beetles - identificación dos xéneros do Paleártico, xunto coa morfoloxía, información das plantas hóspedes e referencias na literatura "Flea Beetles" de W.S. Cranshaw, profesor entomólogo da Extensión da Universidade do Estado de Colorado