A Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos (en inglés: U.S. Commission of Fine Arts —CFA—) é un organismo independente do Goberno federal dos Estados Unidos, creado en 1910 e con sede en Washington, que ten a autoridade de revisar —mais non aprobar— o "deseño e a estética" de todas as construcións de Washington D. C., así como o deseño de moedas, fontes, insignias, medallas, monumentos, parques e estatuas, construídos ou emitidos tanto polo Goberno federal como polo do distrito de Columbia.
Consonte a Lei do Vello Georgetown, a Comisión de Belas Artes nomea a Xunta do Vello Georgetown, e esta ten a autoridade para revisar o deseño de todas as estruturas semipúblicas e privadas dentro dos límites do distrito histórico de Georgetown. Pola súa banda, a Lei Shipstead-Luce (1930) outórgalle á Comisión a autoridade non só para revisar senón tamén para aprobar o deseño e a altura dos edificios públicos e privados situados diante dos terreos do Capitolio dos Estados Unidos, así como os terreos da Casa Branca, a avenida Pensilvania desde o Capitolio ata a Casa Branca, a praza Lafayette, o parque Rock Creek, o Parque Zoolóxico Nacional, a estrada Rock Creek e Potomac, o parque Potomac, e o National Mall e os seus parques.Lei Shipstead-Luce Act: texto da lei (1930) e emendas (1939). U.S. Commission of Fine Arts.Gutheim, F. A.; Lee, A. J. (2006). Páxina 208.Kohler, S. A. (1996). Páxina 244.
As competencias da Comisión non abranguen, no entanto, outros lugares senlleiros da capital dos EEUU, como co edificio do Capitolio, a Biblioteca do Congreso nin outros terreos, cuxa supervisión ten atribuída o arquitecto oficial do Capitolio.
Historia
Antecedentes e contexto O presidente George Washington concedeulle ao Goberno do distrito de Columbia a potestade de regular o deseño arquitectónico e a planificación urbanística, competencias estas que foron suspendidas polo presidente James Monroe en 1822.Grant, U. S. (1948-1950). "Planning the Nation's Capital". En Records of the Columbia Historical Society. 50. Páxina 48. JSTOR 40067315. Logo da Exposición Universal de Chicago de 1893, o Cosmos Club e o Instituto Americano de Arquitectos crearon a Liga de Arte Pública, unha nova organización cuxo obxectivo era promover que un novo organismo do Goberno federal aprobase o deseño ou a adquisición de obras de arte e de arquitectura por parte do Goberno federal. En 1897 propúxose un proxecto de lei no Congreso, mais non chegou a aprobarse porque os congresistas querían un consello asesor, no canto dun que puidese negarlle ao Congreso a capacidade de facer encargas.Kohler, S. A. (1996). Páxina 1.
miniatura|O senador James McMillan, creador da Comisión de Parques do Senado, que deseñou o Plan Mcmillan."James McMillan". En State Republican. Legislative Souvenir and Political History of Michigan. Xaneiro de 1897. Páxina 50.
En 1900, o Congreso dos Estados Unidos creou a Comisión de Parques do Senado, para conciliar visións contrapostas acerca do desenvolvemento da cidade de Washington e, en especial, do National Mall e dos seus arredores.Peterson, J. A. (2003). Páxinas 70-91. O plan desta comisión para o desenvolvemento da cidade —coñecido como Plan McMillan, polo seu presidente, o senador James McMillan— propuña a derruba de todas as residencias e outros edificios da praza de Lafayette e a construción de altos edificios de oficinas gobernamentais de estilo neoclásico, con fachadas de mármore branco arredor da praza.Peterson, J. A. (2003). Páxina 94. Tamén propuña despexar grandes espazos ao norte e ao sur do National Mall, así como realiñar algunhas rúas e construír novos museos e edificios públicos na zona.Bednar, M. J. (2006). Páxinas 49-51. A Comisión de Parques tamén propuxo unha importante ampliación do sistema de parques do distrito, a creación dun sistema de vías verdes e o embelecemento dos parques existentes.Davis, T. (2006) "Beyond the Mall: The Senate Park Commission's Plans for Washington's Park System." En Kohler, S. A.; Scott, P. eds. (2006).
Nos anos seguintes, o presidente e o Congreso crearon varios organismos novos para supervisar a aprobación, o deseño e a construción de novos edificios no distrito de Columbia, co fin de levar a cabo o Plan McMillan; entre estes organismos estarían a Comisión de Belas Artes (1910), para revisar e asesorar sobre o deseño de novas estruturas; a Comisión de Edificios Públicos (1916), para facer recomendacións sobre a construción de edificios de axencias e oficinas federais; e a Comisión de Parques e Planificación da Capital Nacional (1924), para supervisar a planificación do distrito.Cannadine, D. (2008). Páxinas 373-374.
O 11 de xaneiro de 1909, un comité do Instituto Americano de Arquitectos pediulle ao presidente Roosevelt que cerase unha axencia federal independente para asesorar o Goberno sobre arquitectura, pontes, pintura, parques, escultura e outras obras artísticas que requirisen deseño. Roosevelt respondeu o mesmo día que aceptaba a proposta.Kohler, S. A. (1996). Páxina 2. O 19 de xaneiro de 1909, Roosevelt promulgou a Orde executiva 1.010, pola que se creaba o Consello de Belas Artes, e pediu ao Instituto Americano de Arquitectos que nomease 30 persoas para o seu consello, e ordenoulle ao Gabinete que solicitase o asesoramento do Consello en asuntos de arquitectura, paisaxismo, selección de obras, pintura e escultura."Executive Order 1010: Creating the Council of the Fine Arts". Wikisource.orgKohler, S. A. (1996). Páxinas 2-3. O Consello de Belas Artes reuniuse unha soa vez, o 9 de febreiro dese ano,Kohler, S. A. "The Commission of Fine Arts: Implementing the Senate Park Commission's Vision. En Kohler, S. A.; Scott, P. eds. (2006). Charles Moore, que presidiu a Comisiónde 1912 a 1915, data a reunión o 10 de febreiro de 1909 (véxase Moore, C. (1921). Páxina 120), mais o Washington Post informou ese mesmo día de que a reunión tivera lugar o día anterior (véxase "Arts Council Meets", en Washington Post. 10 de febreiro de 1909). cando se aprobou a localización para o Lincoln Memorial.Partridge, W. T.; Helrich, K. G. "'Beloved Ancien': William T. Partridge's Recollections of the Senate Park Commission and the Subsequent Mall Development." En Kohler, S. A.; Scott, P. eds. (2006). Páxina 313.
William Howard Taft, que foi investido como novo presidente en marzo de 1909, revogou a Orde executiva 1.010 o 21 de maio."Executive Order 1074: Revoking Executive Order of January 19, 1909, Which Appointed the Council of Fine Arts." William Howard Taft, 21 de maio de 1909.Partridge, W. T.; Helrich, K. G. "'Beloved Ancien': William T. Partridge's Recollections of the Senate Park Commission and the Subsequent Mall Development." En Kohler, S. A.; Scott, P. eds. (2006). Páxina 311. Hai diferentes explicacións para esta acción de Taft. Os historiadores Sue Kohler e Christopher Thomas afirman que o presidente apoiaba a idea dunha comisión de belas artes, mais quería que tivese unha boa base lexislativa.Kohler, S. A. (1996). Páxina 3.Thomas, C. A. (2002). Páxina 36. Porén, unha reportaxe publicada no Washington Post sinalaba que o Consello era moi controvertido e que o Congreso aprobara unha lei que prohibía destinar fondos a calquera organismo federal non establecido pola lei. Segundo este xornal, a lei pretendía desfinanciar o Consello de Belas Artes."Art Council No More". En Washington Post. 27 de maio de 1909.
Máis tarde, aínda en 1909, o senador republicano por Nova York Elihu Root redactou un proxecto de lei polo que se creaba unha nova omisión asesora de belas artes. O representante republicano por Massachusetts Samuel W. McCall presentou o proxecto de lei H.R. 19962 na Cámara de Representantes dos EEUU,"Report Nº 1292: Commission of Fine Arts". En House Reports (Public).1909-1910. Vol. 3. Government Printing Office, Washington. Páxinas 251-253. onde foi aprobada o 9 de febreiro de 1910. O proxecto da Cámara de Representantes sometía os membros desta comisión á aprobación do Senado, e establecía que o seu mandato fose de catro anos e que debían ser artistas "de sona". Ademais de ter capacidade consultiva en todas as cuestións de arte e deseño, a comisión tiña a derradeira palabra na selección de localizacións para monumentos e estatuas."Art Board for District." En Washington Post. 10 de febreiro de 1910. Root conseguiu que este proxecto de lei pasase ao Senado, mais o presidente desta cámara, Joseph Gurney Cannon, opúxose a el e deixouno retido na biblioteca. Mais a mediados de marzo un grupo de republicanos críticos xuntou as súas forzas para despoxar o presidente Cannon de gran parte do seu poder, e o proxecto de lei da Comisión de Belas Artes puido ser sometido axiña a votación no pleno do Senado.
Constitución da Comisión miniatura|Daniel Hudson Burnham (ca. 1880), primeiro presidente da Comisión (1910-1912)."Daniel Hudson Burnham". Archives of American Art. Smithsonian Institution.
O Senado emendou o proxecto de lei e aprobouno o 3 de maio de 1910. Unha das emendas, que prohibía as estatuas de calquera persoa que non morrera antes de 50 anos, foi rexeitada."Senators As Art Critics". En Washington Post. 4 de maio de 1910. O Senado cambiou as cualificacións dos comisionados, que pasaron a ser sete "xuíces ben cualificados en belas artes", e eliminou a autoridade da comisión para determinar a localización de monumentos e estatuas, limitando o seu papel unicamente ao consultivo. Ademais, as emendas engadiron as fontes públicas aos elementos abranguidos pola lei. Nun "comité de conferencia" que tivo lugar o 9 de maio, os membros da Cámara de Representantes aceptaron as emendas do Senado. Tamén obtiveron a aprobación dos comisionados do senado para eliminar o requisito de que os membros da comisión fosen aprobados por esta cámara. Igualmente, engadíronse aclaracións ao proxecto de lei que permitían á Comisión atender solicitudes de asesoría sobre os edificios do Capitolio e a Biblioteca do Congreso. O proxecto de lei H.R. 19962, na súa versión emendada, foi aprobado pola Cámara de Representantes o 12 de maio e polo Senado o 17 de maio de 1910,"American Federation of Arts". Establishment of a National Botanic Garden. Government printing Office, Washington. 1920. Páxina 56. "An Act Establishing a Commission of Fine Arts (CFA), May 17, 1910. U.S. Commission of Fine Arts. e o presidente Taft publicouna para a converter na Lei pública 61-181.
O presidente Taft nomeou os sete membros da comisión o 13 de xuño de 1910."Art Experts Chosen". En Washington Post. 14 de xuño de 1910. Como primeiro presidente nomeou o arquitecto e planificador urbanístico Daniel Hudson Burnham.Moore, C. (1921). Páxinas 122-123.