Lorena González Guerrero, nada en Cacabelos o 30 de xaneiro de 1989, é unha política berciana de Podemos.

Traxectoria Estudou maxisterio na Universidade de Salamanca e logo traballou en Madrid e foi activista de Marea Verde. Entrou en Podemos dende os comezos da formación e no Consello Cidadán de Ponferrada foi responsable de igualdade. Foi procurada nas Cortes de Castela e León de 2015 a 2019. Dende 2017 é secretaria de acción institucional de Podemos Castela e León. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura de Podemos ao concello de Ponferrada e tras entrar na corporación municipal a súa forza política acadou un acordo de goberno co PSOE e Coalición por El Bierzo polo que ela asumía a concellería de benestar social, infancia e igualdade. Notas

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Cacabelos Categoría:Concelleiros de Ponferrada Categoría:Políticos de Podemos Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Procuradores das Cortes de Castela e León