O láudano (do latín antigo abdanum, este do latín ladănvm / ladanu, e á súa vez do grego antigo λάδανον) é unha tintura de opio preparada por primeira vez por Paracelso.

Historia Durante séculos foi vendido legalmente; na España dos anos 1920 era vendido como fórmula maxistral e láudano de Sydenham. Este fora comercializado por Thomas Sydenham, ademais do extracto alcohólico de opio, contén tintura de azafrán e esencias de canela e cravo. No século XVIII tamén tiña sido formulado por Rousseau, que era médico persoal de Lois XIV de Francia.

Foi moi utilizado no século XIX como analxésico.

Principio activo e usos Utilizábase para diminuír calquera tipo de dor e tamén contra a diarrea (receita que aínda se utiliza nalgúns casos). O seu ingrediente activo é a morfina, pero tamén contén codeína e narcotina; este último non ten propiedades narcóticas e, en cambio, é antitusivo e tamén provoca molestias estomacais e vómitos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas http://perso.wanadoo.es/jcuso/drogas-medicamentos/opio-y-derivados.htm Arquivado (en castelán)

Categoría:Drogas Categoría:Fármacos Categoría:Bebidas