A European Venus Explorer (EVE), coñecida até 2007 como Venus Entry Probe (VEP), é unha sonda espacial proposta da Axencia Espacial Europea para Venus. Na cronoloxía do TRS de 2005 (technology reference study, estudo de referencia tecnolóxica), propúxose que a nave espacial fose lanzada nun vehículo de lanzamento Soiuz-2 / Fregat ao redor de 2013. Porén, as solicitudes para financiar e desenvolver a nave espacial en 2007First proposal for launch in 2016-18 timeframePrimeira cronoloxía para o lanzamento, 2016-18. Universidade de Viena e 2010Second proposal for 2021-23 launch Segunda cronoloxía para o lanzamento, 2021-23. Universidade de Viena foron rexeitadas.
EVE foi unha proposta de misión de clase media no programa Cosmic Vision. O concepto da misión consistía nun orbitador e un globo que circunnavegarían o planeta ao longo dunha semana, e unha sonda de aterraxe que funcionaría durante aproximadamente unha hora na superficie.
Aínda que a VEP non foi escollida finalmente para a súa realización na quenda de selección de 2007 por motivos programáticos, a misión EVE foi sinalada como punto de referencia útil para futuras misións.
Visión xeral O concepto da misión precisa de dous satélites: o Venus Polar Orbiter (VPO), para a teledetección da atmosfera, e o Venus Elliptical Orbiter (VEO), que desprega a sonda de entrada desde unha órbita altamente elíptica. A sonda de entrada contería un globo-aerobot que flota en condicións benignas a 55 km de altitude na capa media de nubes, e deixaría caer até 15 microsondas á baixa atmosfera.
Notas
Véxase tamén
Venera-D Venus Atmosfera de Venus
Ligazóns externas
ESA - Venus Entry Probe - unha sonda atmosférica Contratista do estudo SSTL/ESA – Venus Entry Probe Artigo francés que menciona a Venus Entry Probe
Categoría:Venus Categoría:Axencia Espacial Europea