O Chao do Castro é un antigo castro que se atopa no concello de Burela, na provincia de Lugo. É confundido frecuentemente co Castro de Burela e son famosos por neles atoparse o Torque de Burela, entre outros instrumentos como arracadas e puntas de frechas.

Morfoloxía miniatura|esquerda|Imaxe aérea coas estruturas visibles. Está asentado sobre un terreo elevado dende onde se divisa o mar Cantábrico rodeado do que antes foran prados e pastos. Dado que o Chao do Castro esta moi alterado pola construción de vivendas, as catas realizadas para autorizar ditas construcións non revelaron estruturas de interese. Porén, tanto nas fotos do voo americano coma nas imaxes por satélite aprécianse ben os muros que o delimitan.

A simple vista obsérvase unha estrada que o atravesa e corta en parte os muros defensivos que formaban parte dos parapetos do asentamento.

Preto atópase o castro de Burela, outro asentamento castrexo que está pouco alterado e con estruturas moito máis visibles ca neste. Confundidos habitualmente un co outro son claramente diferentes tanto en estrutura como posiblemente en función. Ámbolos dous están perfectamente catalogados no inventario municipal e no rexistro da Xunta de Galicia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Burela Torque de Burela Castro de Rueta Castro de Burela

Ligazóns externas Web do concello de Burela Web da Xunta de Galicia sobre o Torque

Categoría:Castros de Burela