O Presidio de San Francisco (orixinalmente en castelán, El Presidio Real de San Francisco; en inglés: Royal Presidio of San Francisco) é un parque situado no extremo norte da Península de San Francisco, en San Francisco, California, e dentro da Área de Recreo Nacional Golden Gate, (Golden Gate National Recreational Area) creada en 1972, que se estende cara ao norte e o sur da ponte Golden Gate.
Historia Historicamente foi unha zona fortificada xa que Juan Bautista de Anza en 1776 e despois José Joaquín Moraga ao servizo de Carlos III, fixo dela o centro militar para a súa expansión na zona.
Despois pasou a mans mexicanas o 10 de novembro de 1822, e aos Estados Unidos o 9 de xullo de 1846 despois da batalla de Yerba Buena.NPS Red Book. nr.nps.gov (en inglés) Ao final da guerra, en 1848 e converteuse no cuartel xeral de varias unidades militares, sendo a base de xenerais como: William Sherman e John Pershing.
Ao longo da década de 1890, o Presidio foi o fogar do Hospital Militar de Letterman, chamado en 1911 en homenaxe a Jonathan Letterman, médico durante a Guerra civil estadounidense.
Como parte do programa de retirada militar, o Congreso votou a fin do estado militar do Presidio en 1989 e o 1 de outubro de 1994 foi transferido ao Servizo de Parques Nacionais, poñendo fin a 219 anos de uso militar para comezar unha fase mixta de uso comercial e público.National Park Service retrieved 2008-12-20. Fort Point, dentro do Presidio, estivo implicado en varios enfrontamentos militares no Pacífico. Foi o centro de defensa do oeste norteamericano durante a Segunda guerra mundial. Até o seu peche en 1995, foi a base militar continuamente operada máis longa dos Estados Unidos.
En 1996, o Congreso dos Estados Unidos creou o Presidio Trust para administrar os 80 % do interior do parque, sendo o Servizo de Parques Nacionais o xestor do 20 % restante.The Presidio Trust Recuperado o 20 de decembro de 2008.
O parque caracterízase polas súas áreas amplas e frondosas, outeiros ondulados, un museo, un forte de ladrillo da Guerra civil estadounidense, no que se e vistas espectaculares da ponte Golden Gate, a baía de San Francisco e o océano Pacífico. Foi recoñecido como Monumento Histórico Nacional polo Congreso en 1962.
Desde 2005, Industrial Light & Magic ten a súa sede no Letterman Digital Arts Center no Presidio de San Francisco.
Conservación Crissy Field, un campo de aviación desaparecido situado xunto ao Presidio, foi sometido a unha importante restauración e agora serve como área de recreación pública. A zona limita co porto deportivo de San Francisco ao leste e a ponte Golden Gate ao oeste. O parque conta cunha gran cantidade de edificios (uns 800 aproximadamente), moitos deles históricos. En 2004 ao redor do 50% dos edificios do parque foron restaurados e remodelados parcialmente. O Presidio de San Francisco é o único parque nacional dos Estados Unidos que ten un amplo programa de alugueiro residencial.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
The National Park Service's official site of the Presidio The Presidio Trust The National Park Service's official site of the Golden Gate Recreation Area Crissy Field Center An account by the builder of the Presidio Early History of the California Coast, a National Park Service Discover Our Shared Heritage Travel Itinerary The California State Military Museum, on the Letterman Army Hospital El Presidio Digital Media Archive Letterman Digital Arts Center website Presido Mutiny Fort Point and Presidio Historical Association Library of Congress: Americas Memory
Categoría:Parques naturais Categoría:San Francisco Categoría:Museos dos Estados Unidos de América