Robert "Bob" Fisher, nado o 21 de setembro de 1922 e finado o 19 de setembro de 2008, foi un novelista, dramaturgo, guionista de cine e televisión estadounidense, principalmente de comedia situacional.

Traxectoria Fisher foi un dos escritores de comedias de situación máis prolíficos. Comezou na televisión na década de 1950 relacionándose cun veterano escritor de radio vinte e cinco anos maior que el, chamado Alan Lipscott. Lipscott e Fisher escribiron o primeiro episodio da serie de comedia de situación da CBS-TV Make Room For Daddy (protagonizada por Danny Thomas) en 1953, e elaboraron teleplays para The Donna Reed Show, Bachelor Father (que protagonizou John Forsythe), Bronco, How to Marry a Millionaire. Despois da morte de Lipscott en 1961, Fisher comezou a escribir con Arthur Marx, fillo de Groucho Marx, e esa asociación (que durou máis de vinte e cinco anos) produciu episodios de McHale's Navy, My Three Sons, The Mothers-in-Law, a serie de ABC-TV The Paul Lynde Show e a de NBC-TV Life With Lucy en 1986. El e Marx tamén foron editores de historias e escritores frecuentes na serie Alice de CBS-TV entre 1977 e 1981.

Fisher tamén escribiu ocasionalmente con Arthur Alsberg e produciu tres obras de teatro en Broadway: a exitosa The Impossible Years (con Arthur Marx), Minnie's Boys (con Marx) e Happiness Is Just a Little Thing Called Rolls Royce (con Alsberg), que pechou tras unha soa actuación.

Fisher tamén é o autor da historia "The Knight in Rusty Armor" (O cabaleiro da armadura oxidada), un fermosa historia da viaxe do home para desfacerse da armadura que non se podía quitar, descubrirse a si mesmo a través dunha serie transformacións cómicas e tráxicas, axudado entre outros por Merlín. A novela curta, considerada un best-seller, está baseada na obra do século XVII The Pilgrim's Progress.

Pasamento Fisher morreu o 17 de setembro de 2008 en Topanga, California, dous días antes do seu 86º aniversario, aínda que outras fontes indicaron a data da morte como o 26 de setembro.

Traballo como guionista Os seus moitos traballos como escritor de televisión incluíron:

Filmografía parcial Ano Título Traballo Notas 1986 Life with Lucy (serie de televisión) escritor 3 episodios 1982 There Was a Little Girl escritor Longametraxe 1977-1981 Alicia (serie de televisión) Escritor (Historia) 40 episodios Good Times Historia/Teleplay 1 episodio ("The Dinner Party") Maude escritor 1 episodio ("Walter's Ethics") The Jefferson escritor 1 episodio ("Jefferson vs. Jefferson") 1972-1973 Paul Lynde Show escritor 9 episodios 1972 All in Family escritor 1 episodio ("The Locket") 1969 The Good Guys escritor 1 episodio ("The Eyes Have It") 1968-1969 The Mothers-In-law (serie de televisión) escritor 4 episodios 1965 I dream of Jeannie escritor 3 episodios 1963-1971 My Three Sons escritor 2 episodios 1961 Leave It to Beaver Historia 1 episodio ("Teacher's Daughter") 1959-1962 Bachelor Father Escritor/teleplayer 30 episodios 1958-1959 Donna Reed Show Escritor/teleplayer 5 episodios en total Bronco escritor 2 episodios 1958 How to Marry a Millionaire escritor 2 episodios 1953-1963 Make Room For Daddy Escritor/teleplayer Implicado con 18 episodios en total Fisher tamén produciu episodios de televisión para:

McHale’s Navy My Three Sons The Mothers-in-Law The Paul Lynde Show Life With Lucy Cheyenne

As súas obras incluían:

Happiness Is Just a Little Thing Called a Rolls Royce (1968) The Impossible Years (1968) Minnie's Boys (1970) Groucho: A Life in Revue (1987)

Nos seus últimos anos dicíase que levaba "un estilo de vida peripatético".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados en 1922 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América