Ángel Puerto Pineda, nado en El Viso del Alcor o 13 de novembro de 2002, é un futbolista español, que xoga como defensa central no Fabril, da Terceira División RFEF.
Traxectoria Nado na localidade sevillana de El Viso del Alcor, ingresou aos seis anos na canteira do Sevilla, club no que permaneceu durante os seguintes trece anos. Na tempada 2020/21 compaxinou o equipo xuvenil co segundo filial do club, o Sevilla C, da Terceira División, no que se integrou plenamente na seguinte campaña.
En xullo de 2022 trasladouse a Galicia, onde fichou polo Deportivo da Coruña para xogar no seu filial, o Fabril, da Terceira División RFEF. O 12 de novembro de 2022 debutou co primeiro equipo do Deportivo, da man de Óscar Cano, na primeira rolda da Copa do Rei ante o Guijuelo, na que integrou a defensa titular xunto a Trilli, Dani Barcia e Retu.
Notas
Palmarés Fabril Terceira División RFEF (1): 2022/23.
Véxase tamén Ligazóns externas
Datos do xogador en LaPreferente.com .
Categoría:Nados en El Viso del Alcor Categoría:Nados en 2002 Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Personalidades sen imaxes