Alianza Kosovo Novo (en albanés Aleanca Kosova e Re, AKR) é un partido político kosovar, de orientación liberal.

Historia A orixe do partido está nun grupo de presión que creou en Washington o empresario Behgjet Pacolli, propietario da empresa suíza de construción e enxeñería Mabetex en 2004 para favorecer un clima favorable á indepedencia de Kosovo. En 2006 abriu unha oficina en Pristina e pouco despois o 3 de maio dese ano inscribiuno como partido político, e logrou inmediatamente un apoio significativo, e así nas eleccións de 2007 logrou o 12,3% dos votos e 13 escanos na Asemblea de Kosovo, co que se converteu o terceiro partido do país e o primeiro partido da oposición fronte ao goberno de coalición do Partido Democrático de Kosovo (PDK) e da Liga Democrática de Kosovo (LDK), encabezado por Hashim Thaçi.

Nas eleccións de 2010, o AKR obtivo 50 951 votos (7,29%) e 8 escanos e baixou ata o quinto partido do país, pero entrou a formar parte do goberno co PDK e outras forzas minoritarias.

O 22 de febreiro de 2011 a Asemblea elixiu a Behgjet Pacolli como presidente de Kosovo. Ao se converter en presidente, renunciou como líder do AKR debido aos requisitos constitucionais contra o dobre cargo. O 4 de abril de 2011 o presidente Pacolli cesou despois do Tribunal Constitucional declarar a súa elección inconstitucional. A maioría dos parlamentarios da oposición boicotearan as eleccións presidenciais debido á súa insatisfacción cos candidatos, polo que o tribunal invalidou as eleccións. O goberno de coalición con Hashim Thaçi continuou, e Pacolli pasou a ser viceprimeiro ministro de Kosovo. En 2013 o partido fíxose coa alcaldía da sétima cidade do país, Gjakova da man da viceprimeira ministra Mimoza Kusari-Lila.

Nas eleccións de 2014 o AKR logrou 34 170 votos (4,67%) e ao non pasar do requisito do 5% non logrou deputados na Asemblea de Kosovo. Nas seguintes eleccións foi en coalición con diversas forzas políticas e logrou representación no parlamento. miniatura|Behgjet Pacolli, o líder da Alianza Kosovo Novo, en 2016 En 2016 o partido viviu unha crise interna que acabou coa marcha de Mimoza Kusari-Lilaen maio para se converter nunha das fundadoras de Alternativa no ano seguinte .

Nas eleccións de xuño de 2017 foi na denominada coalición LA coa Liga Democrática de Kosovo e Alternativa, pero en setembro o AKR deixou a coalición, cos seus catro deputados, e formou goberno coa Coalición PANA nun goberno liderado por Ramush Haradinaj da Alianza polo Futuro de Kosovo e que incluía tamén ministros do Partido Democrático de Kosovo, Lista Serbia, NISMA, así como sete ministros do AKR. Nas eleccións de 2019 concorreu en coalición con NISMA e o PSD e logrou 2 escanos. En xuño de 2020 apoiou o goberno de Avdullah Hoti da Liga Democrática de Kosovo, pero non tivo ministros no seu gabinete. Nas eleccións de 2021 foi na lista do LDK e logrou un deputado.

Resultados electorais Ano Votos %Votos Escanos Escanos albaneses Posición +/– Goberno 2007 70 165 12.3% 3º 13 2010 50 951 7.29% 5º 5 2014 34 170 4.67% 7º 8 extraparlamentario 2017 Parte da Coalición LA 3º 4 2019 En coalición con NISMA e PSD 6º 2 Apoio ao goberno2021Dentro da lista do LDK 3º 1

Notas

Categoría:Partidos liberais Categoría:Partidos políticos de Kosovo