Berserk, tamén coñecida no Xapón como , é unha serie de televisión anime xaponesa baseada no manga homónimo de Kentaro Miura. A serie foi producida por Nippon Television e VAP, animada por Oriental Light and Magic e dirixida por Naohito Takahashi. Emitiuse durante vinte e cinco episodios a través da canle Nippon TV dende outubro de 1997 até abril de 1998. Berserk tivo unha boa acollida, e os críticos enxalzaron a súa narración, os personaxes, a ambientación e a banda sonora de Susumu Hirasawa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Berserk (manga) Berserk: The Golden Age Arc
Categoría:Series de televisión en lingua xaponesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1997 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1998 Categoría:Series de televisión do Xapón