The Will Eisner Comic Industry Awards, comunmente abreviados como Eisner Awards, en galego premio Will Eisner ou Premio Eisner (tamén en plural, Premios Eisner) son un premio que distingue as bandas deseñadas.

Historia Entre 1985 e 1987, a editorial Fantagraphics Books promoveu os Kirby Awards, un galardón dedicado á industria do cómic e cos gañadores recibindo os seus premios sempre coa presenza do artista Jack Kirby. As edicións dos Kirby Awards foron organizadas por Dave Olbrich, un empregado da editorial. En 1987, coa saída de Olbrich, Fangraphics decidiu pechar os Kirby Awards e instituíu os Harvey Awards, que leva o nome de Harvey Kurtzman.

Olbrich, pola súa banda, fundou o "Will Eisner Comic Industry Awards" no mesmo ano. No ano 1988 realízase a primeira edición do premio, no mesmo modelo adoptado até hoxe: Reúnese un grupo de cinco membros, debaten os traballos realizados no ano anterior e establecen as cinco candidaturas para cada unha das categorías, que logo son votados por varios profesionais da banda deseñada e os gañadores son anunciados durante a edición dese ano da Comic-Con International, unha convención de banda deseñada celebrada en San Diego, California. Durante dous anos o propio Olbrich organizou o premio até que, ao non poder reunir os fondos necesarios para levar a cabo a edición de 1990 -que acabou sen realizar-, decidiu traspasar a responsabilidade á propia Comic-Con, que desde 1990 emprega a Jackie Estrada para organizalo. Polo tanto, a cerimonia do premio Eisner celébrase na Comic Con de San Diego desde 1991.

En 2006, anunciouse que os arquivos dos premios Eisner estarían aloxados na James Branch Cabell Library da Virginia Commonwealth University en Richmond, Virxinia.

Edicións EdiciónData da cerimoniaReferente ao ano1ª19872ª19883ª19894ª19915ª19926ª19937ª19948ª19959ª199610ª199711ª199812ª199913ª200014ª200115ª2 de agosto de 2002200216ª18 de xullo de 2003200317ª23 de xullo de 2004200418ª18 de xullo de 2005200519ª21 de xullo de 2006200620ª200721ª25 de xullo de 2008200822ª24 de xullo de 2009200923ª23 de xullo de 2010201024ª22 de xullo de 2011201125ª201226ª201327ª201428ª201529ª2016

Categorías Os premios Eisner honran as seguintes categorías

Na actualidade En 2017, os premios dividíronse en 30 categorías para os traballos publicados en 2016.

Mellor escritor (1988–1989, 1991–presente) Mellor escritor/artista (1988–1989, 1991–presente) Mellor equipo de debuxadores/tintadores ou debuxadores/tintadores (1988–1989, 1991–presente) Mellor serie nova (1988–1989, 1991–presente) Mellor serie continuada (1988-presente) Mellor colorista/coloreador (1992-presente) Mellor letra/letras (1993-presente) Mellor artista de portada (1992-presente) Mellor serie limitada ou arco narrativo (2010-presente) Mellor número único (ou one-shot) (2010-presente) Mellor relato curto (1993-presente) Mellor antoloxía (1992-presente) Mellor cómic dixital (2005-presente) Mellor webcomic (2009, 2017-presente) Mellor pintor/artista multimedia (interior) (2000-presente) Premio Eisner á mellor publicación para primeiros lectores (2012-presente) Mellor publicación para nenos (de 9 a 12 anos) (2012-presente) Mellor publicación para adolescentes (de 12 a 17 anos) (2008-presente) Mellor álbum gráfico: New (1991-presente) Mellor álbum gráfico: Reprint (1991-presente) Mellor publicación de humor (1992-presente) Mellor traballo educativo/académico (2012-presente) Mellor traballo baseado na realidade (2007-presente) Mellor deseño de publicación (1993-presente) Mellor libro relacionado con cómics (1992-presente) Mellor colección/proxecto de arquivo: cómics de polo menos 20 anos (2006-presente) Mellor colección/proxecto de arquivos: tiras de polo menos 20 anos (2010-presente) Mellor edición estadounidense de material internacional (1998-presente) Mellor edición estadounidense de material internacional - Asia (2010-presente) Mellor publicación periódica/xornalismo relacionada con cómics (2008-presente) Salón da fama do premio Will Eisner (1987–1989, 1991–presente)

Premios pasados

Mellor álbum gráfico (1988–1989) Mellor equipo artístico (1988–1989) Mellor serie en branco e negro (1988–1989, 1991) Mellor número único/historia única (1988–1989, 1991–2008) Mellor serie finita/serie limitada (1988–1989, 1991–2009) Mellor colección de banda deseñada (1992–1993) Mellor editor (1992-1997) Mellor produto/elemento relacionado con cómics (1992, 1994–2002) Mellor publicación periódica/publicación relacionada con cómics (1992–2000, 2002–2007) Mellor colección/proxecto de arquivo (1993–2005) Mellor historia serializada (1993–2006) Mellor pintor (1993–1999) Talento que merece un recoñecemento máis amplo (1995–2006) Mellor escritor/artista: Humor (1995–2008) Mellor título para lectores máis novos/Mellor publicación de cómics para público máis novo (1996–2007) Mellor escritor/artista: Drama (1997–2008) Mellores figuras esculpidas relacionadas con cómics (1999) Mellor publicación relacionada con cómics (periódico ou libro) (2003) Mellor colección/proxecto de arquivo: tiras deseñadas (2006–2009) Mellor edición estadounidense de material internacional - Xapón (2007–2009) Recoñecemento especial (2007–2008) Mellor publicación para nenos (2008-2011) Mellor escritor/artista de non ficción (2010) Mellor adaptación doutra obra (2010-2016)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Outros premios relacionados entregados na Comic Con:

Premio tinteiro (inkpot Award) Premio Russ Manning Promising Newcomer (1982-presente) Premio Kirby (1985–1987) Premio Bill Finger á excelencia na escritura de cómic (2005-presente)

Outros premios relacionados coa banda deseñada

Alley Award Eagle Award Harvey Award National Comics Award Shazam Award

Galegos nomeados ou gañadores do Eisner

David Rubín Emma Ríos Miguelanxo Prado Jose Domingo José Luis García López (debuxante) Pablo Pereira Silvia Santamaría

Ligazóns externas

Sitio oficial

Categoría:Premios e encontros de banda deseñada