María Salvo Iborra, nada en Sabadell o 27 de maio de 1920 e finada en Barcelona o 16 de novembro de 2020, foi unha activista antifranquista española, vítima da represión durante a ditadura franquista.
Traxectoria Filla dun carpinteiro ebanista que participou no movemento obreiro sen militar en ningún partido político nin sindicato. A súa nai era ama de casa, católica practicante e analfabeta. Cando tiña sete anos a súa familia trasladouse ao barrio de Les Corts de Barcelona. Aos trece abandonou a escola e traballou de porteira no edificio no que vivían. Posteriormente traballou de costureira e pranchadora. En 1935 comezou a frecuentar os centros culturais de Esquerra Republicana, pero influenciada pola moza do seu irmán maior ingresou nas Juventudes Socialistas Unificadas de Cataluña (JSUC).
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 afiliouse á Unión General de Trabajadores e traballou nun taller de roupa colectivizado pola CNT e a UGT. En 1938 fíxose cargo da secretaría de Propaganda do comité de Barcelona das Juventudes Socialistas Unificadas de Cataluña. O 26 de xaneiro de 1939 marchou ao exilio en Francia, onde foi internada nos campos de concentración de Le Pouliguen e Moisdon-la-Rivière. Formou parte dos grupos de españois aos que as autoridades francesas obrigaron a regresar a España.
Traballou na clandestinidade para o Partido Comunista de España sendo coñecida como Alba e Cionín. Viaxou a Galicia onde contactou con Eladio Rodríguez a través de Jacinto Nogueira. Trala caída de Eleuterio Lobo Martín foi detida en Madrid o 9 de setembro de 1941 xunto con Consuelo Alonso, Perpetua Rejas e Antonia Benito, ingresando na Prisión de Les Corts (prisión provincial de Barcelona). Tres anos despois celebrouse o xuízo en Alcalá de Henares ante un tribunal militar, que a condenou a trinta anos de prisión por conspiración contra a seguridade interior do Estado, iniciando un periplo de prisións por España comezando por Torrero (Zaragoza), a prisión de Ventas (Madrid) e a prisión provincial de Segovia, entre outras. Foi posta en liberdade, con pena de desterro da provincia de Barcelona e destino en Santander, dezaseis anos despois.
Membro na clandestinidade do Partido Socialista Unificado de Cataluña, conseguiu regresar a Barcelona burlando o desterro. Desde a transición presidiu a Associació Catalana d'Expresos Polítics e cofundou a asociación Les Dones del 36.
O historiador Ricard Vinyes escribiu o libro El daño y la memoria. Las prisiones de María Salvo (ISBN 84-01-53070-9).
Reconoñecmentos Medalla de Honor de Barcelona (2003) Doutora honoris causa pola Universidade Politécnica de Barcelona (2004) Creu de Sant Jordi (2005)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Testuñas da súa estancia en prisión
María Salvo Iborra cumplió cien años el pasado 27 de mayo. (la lucha no acaba nunca…) Entrevista revista Pueblos
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Antifascistas de España Categoría:Exilio Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2020