How Do You Know é un filme estadounidense de 2010 dirixido, escrito e producido por James L. Brooks. Está protagonizado por Reese Witherspoon, Owen Wilson, Paul Rudd e Jack Nicholson no seu derradeiro papel no cinema. Foi o terceiro filme protagonizado por Witherspoon e Rudd despois de Overnight Delivery e Monsters vs. Aliens. A trama segue á xogadora de softbol Lisa (Witherspoon), que se ve atrapada nun triángulo amoroso entre dous homes: o encantador xogador de béisbol Matty (Wilson) e George (Rudd), un home de negocios acusado de fraude.

Rodouse en Filadelfia e Washington, D.C. e estreouse o 17 de decembro de 2010. Foi un fracaso de recadación, conseguindo só 49 millóns de dólares sobre un orzamento de 120 millóns, e recibiu valoracións dispares por parte da crítica. Foi o derradeiro filme dirixido por Brooks.

Personaxes

Reese Witherspoon como Lisa Jorgenson Karsen Skinner e Kendel Skinner como Lisa de nena (sen acreditar) Owen Wilson como Matty Reynolds Paul Rudd como George Madison Jack Nicholson como Charles Madison Dean Norris como Tom Kathryn Hahn como Annie John Tormey como Doorman Yuki Matsuzaki como Tori Andrew Wilson como membro do equipo de Matty Shelley Conn como Terry Tony Shalhoub como psiquiatra Domenick Lombardozzi como Bullpen Pitcher Ron McLarty como avogado de George Lenny Venito como Al Mark Linn-Baker como Ron Molly Price como adestradora Sally Teyonah Parris como Riva

Bill Murray foi a elección orixinal de Brooks para o papel de Charles Madison.

Notas

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos James L. Brooks Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes de Gracie Films Categoría:Filmes rodados en Washington, D.C. Categoría:Filmes rodados en Filadelfia Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes de Columbia Pictures