Kenyanthropus platyops é o nome proposto para unha especie de homínido para a que se atopou un cranio fósil en 1999. O achado foi feito por un equipo dirixido por Meave Leakey e a súa filla Louise Leakey, en Kenya, nunha rexión semidesértica preto do lago Turkana. O fósil data duns 3,5 millóns de anos (Piacenziano, Plioceno). Ten características moi interesantes, xa que ten trazos faciais planos e delicados e dentes relativamente pequenos.

Os científicos propuxeron definir o xénero Kenyanthropus, xa que o cranio atopado mostra unha mestura equilibrada de trazos de Australopithecus e Homo, segundo os descubridores aseméllase a outro fósil KNM-ER 1470 atopado hai uns anos nesa rexión, clasificado como Homo rudolfensis, e cunha datación moito menor, uns 1,8 millóns de anos. Porén, dado que o espécime tipo, KNM-WT-4000, está terribelmente distorsionado, algúns autores non o consideran un xénero ou especie válido e que podería tratarse simplemente dun exemplar de Australopithecus afarensis ou debido á falta de máis evidencia para definir un novo xénero, ao mellor podería ser designado como Australopithecus platyops.

Un estudo dos caracteres craniodentais dos homínidos determinou que "non hai un apoio convincente para a hipótese de que Kenyanthropus platyops mostre afinidades especialmente estreitas co Homo rudolfensis". Pola contra, K. platyops forma parte do mesmo clado, tanto con Australopithecus africanus como cos xéneros Paranthropus e Homo no seu conxunto. Se K. platyops é unha especie válida, estas relacións suxiren que tanto Paranthropus como Homo diverxeron doutros homínidos moito antes do que se supoñía anteriormente.Strait,D. & F. Grine (2004) "Inferring hominoid and early hominid phylogeny using craniodental characters: the role of fossil taxa"; Journal of Human Evolution 47 (6): 399-452.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Fósiles da evolución humana Evolución humana

Categoría:Homínidos Categoría:Paleoantropoloxía Categoría:Especies extintas na prehistoria