Nana Alexandria (, Nana Giorgis asuli Aleksandria), nada en Poti (RSS de Xeorxia, URSS) o 13 de outubro de 1949, é unha xadrecista xeorxiana. Amais de ser tres veces vencedora do Campionato Soviético Feminino de Xadrez, competiu en dúas ocasións no Mundial Feminino de Xadrez.

Traxectoria esquerda|miniatura|Akhmilovskaia, Gaprindashvili, e Alexandria na Olimpíada de Xadrez de Dubai 1986 Alexandria foi campioa feminina da URSS en 1966, 1968 (compartido) e 1969. Competiu no Mundial Feminino de Xadrez en 1975 e 1981. En 1975 perdeu ante Nona Gaprindashvili (+3 =1 −8) e en 1981 empatou con Maia Chiburdanidze (+4 =8 −4), quen retivo o título de campioa. Alexandria xogou co equipo nacional soviético nas Olimpíadas Femininas de Xadrez de Lublin 1969, Medellín 1974, Buenos Aires 1978, A Valeta 1980, Lucerna 1982 e Dubai 1986. Xunto con outras xogadoras contribuíu á hexemonía da URSS nas Olimpíadas Femininas de Xadrez da década de 1980.

A FIDE outorgoulle o título de Mestra Internacional Feminina en 1966 e o de Gran Mestra Feminina en 1976. En 1995 recibiu o título de Árbitra Internacional. Foi a presidenta da comisión feminina da FIDE entre 1986 e 2001.

Vida persoal É a nai do político xeorxiano Giga Bokeria.

En 2021 Alexandria apareceu no documental Glory to the Queen xunto con Nona Gaprindashvili, Maia Chiburdanidze e Nana Ioseliani.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Nana Alexandria – a Pillar of Women's Chess (en inglés)

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Xadrecistas da Unión Soviética Categoría:Xadrecistas de Xeorxia Categoría:Nados en Xeorxia