Parthenium hysterophorus é unha especie de plantas anxiospermas da familia Asteraceae. É nativa da América tropical.BSBI List 2007 (xls). Botanical Society of Britain and Ireland. Archived from the original (xls) on 2015-06-26. Consultado o 2014-10-17.USDA, NRCS (n.d.). "Parthenium hysterophorus". The PLANTS Database (plants.usda.gov). Greensboro, North Carolina: National Plant Data Team. Consultado o 30 de xaneiro de 2016.McConnachie AJ, Strathie LW, et al. Current and potential geographical distribution of the invasive plant Parthenium hysterophorus (Asteraceae) in eastern and southern Africa. Weed Research. 2011 51(1) From http://www.farmersweekly.co.za 27 de decembro de 2013 Oudhia, P., Tripathi, R. S., Choubey, N. K., & Lal, B. (2000). Parthenium hysterophorus: a curse for the bio-diversity of Chhattisgarh plains of MP. Crop Research (Hisar), 19(2), 221-224. É unha especie invasora común na India,Oudhia, P. (2000). Parthenium hysterophorus : a new weed in upland rice fields of the Chhattisgarh Plains (India).International Rice Research Notes (IRRN).25.1:34. Australia e partes de África. miniatura|Grans de pole de Parthenium hysterophorus.
Especie invasora Parthenium hysterophorus invade terras alteradas, incluíndo as beiras das estradas. Infesta os pastos e granxas, causando a miúdo perdas de rendemento desastrosas nas colleitas.Oudhia, P. and Tripathi, R.S. (1998). Allelopathic effects of Parthenium hysterophorus L. on Kodo, Mustard and problematic weeds. Proc. First International Conference on Parthenium Management (Vol. II) UAS, Dharwad 6-8 Oct. 1997: 136-139. Nalgunhas áreas, fortes brotes desta planta estiveron moi estendidos, afectando ao gando e produción de colleitas e mesmo á saúde humana.
A planta produce compostos alelopáticos que suprimen as plantas agrícolas e de pasto, e alérxenos que afectan a humanos e gando. Tamén causa frecuentemente alerxias por pole. Un estudo publicado en 2021 mostrou que a planta podía promover a malaria ao fornecer refuxio e alimento moi apreciado polos mosquitos no leste de África.
Está sendo investigada como un medio para eliminar metais pesados e tinguiduras do medio ambiente, control de malas herbas acuáticas, produción de encimas comercial, aditivo para o esterco na produción de biogás, como un biopesticida e como esterco verde e compost.
A especie foi listada como unha especie allea invasora na Unión Europea. Isto significa que é ilegal importala ou vendela en toda a Unión Europea.
Toxicidade miniatura|esquerda|upright|A partenina é un importante composto tóxico de Parthenium hysterophorus
O contacto coa planta causa dermatite e disfunción respiratoria en humanos e dermatite no gando vacún e outros animais domésticos. A principal substancia responsable é a partenina, que é perigosamente tóxica.CID 442288 de PubChem.Parthenium Tamén é responsable da enfermidade do leite amargo nas vacas cando o seu penso está contaminado con follas de Parthenium.
Entre outros efectos alelopáticos da especie, a presenza de grans de pole de Parthenium inhibe a maduración dos froitos no tomate, berenxena, feixóns e outras plantas agrícolas.
Control
miniatura|Parthenium na Reserva de tigres de Achanakmar miniatura|Parthenium hysterophorus en terras abertas en Hawai. As infestacións lixeiras de Parthenium hysterophorus en campos cultivados poden ser erradicadas con sachos ou eliminadas a man se hai dispoñibilidade de man de obra e o custo é aceptable.
Xeralmente a aplicación de herbicidas é cara e a miúdo nociva. Os sprays de Paraquat poden aplicarse mentes esta mala herba é nova. O glifosato non é efectivo contra esta especie.
O medio máis satisfactorio e prometedor de control a longo prazo práctico é o biolóxico. Varias especies que se alimentan da planta están a utilizarse ou en ensaio en varios países. O organismo para o control mellor establecido ata agora é o escaravello nativo de México, Zygogramma bicolorata, que se introduciu na India por primeira vez en 1984. Desde entón o animal espallouse e está ben establecido en todo o subcontinente. Defolia e a miúdo mata a planta e os danos que lle causa á planta reducen a súa produción de sementes.
En varios países, como Australia e Suráfrica, liberáronse outros axentes de biocontrol e están en avaliación. Entre estes están polo menos outras dúas especies de escaravellos liberados en Suráfrica, un gurgullo que perfora os talos da especie Listronotus setosipennis, e o gurgullo das sementes Smicronyx lutulentus.ARC-PPRI Fact Sheets on Invasive Alien Plants and their Control in South Africa|
Tamén en Suráfrica, utilizáronse os fungos Puccinia abrupta var. partheniicola e Puccinia xanthii.
En Australia, á parte dos mencionados, empregáronse ou foron avaliados outros axentes contra o Parthenium hysterophorus, ata un total de 11 especies desde 1980. Deses once, nove parece que se conseguiron establecer en varias rexións. Os dous cos efecos máis grandes parecen ser o escaravello Zygogramma bicolorata e a avelaíña que produce bugallos nos talos Epiblema strenuana. Porén, outras especies que parece que se estableceron son a avelaíña minadora das follas Bucculatrix parthenica, o gurgullo que forma bugallos no talo Conotrachelus albocinereus, e a avelaíña que perfora os talos Carmenta ithacae.CRC for Australian Weed Management: Best Practice Guide. Impact evaluation of weed biological control agents 2008|
Notas
Categoría:Asteraceae Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné