Janet Elizabeth Estévez, apelido de nacemento Templeton; nada o 8 de xullo de 1944, coñecida profesionalmente como Janet Sheen e Janet Templeton, é unha actriz e produtora estadounidense.
Traxectoria Estudou arte na New School for Social Research da cidade de Nova York, onde coñeceu ao seu futuro marido Martin Sheen. Casaron en decembro de 1961.Jim Hargrove: Martin Sheen: Actor and Activist, Childrens Press, 1991, p. 32 Nicolás Kanellos, Robert Rodriguez, Tamra Orr: Great Hispanic-Americans, Publications International, 2005, S. 112 É nai de catro fillos, tres fillos e unha filla, todos eles actores, Emilio Estevez, Renée Estevez, Ramon Estevez e Charlie Sheen.Paul C. Challen: Inside the West Wing: An Unauthorized Look at Television's Smartest Show, ECW Press, 2001, S. 88 En 1983 interpretou a Elaine de Kooning na miniserie Kennedy.Alvin H. Marill: More Theatre: Stage to Screen to Television, 1993-2001, Band 2, Scarecrow Press, 2003, S. 296 Tamén apareceu na película Rated X como enfermeira, aínda que non foi mencionada nos créditos finais. En 1989, foi produtora asociada da película Beverly Hills Brats, e en 2010, produtora executiva do filme O camiño (The Way) sobre o Camiño de Santiago, dirixida polo seu fillo Emilio.James Cameron-Wilson: Young Hollywood, Batsford, 1994, S. 187
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Janet Sheen na IMDb (en inglés).
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América