Carles Pérez Sayol, nado en Granollers (Barcelona) o 16 de febreiro de 1998, é un futbolista catalán que xogou como dianteiro no Real Club Celta de Vigo e agora (2025-26) xoga no Aris Salónica, da Super Liga de Grecia.
Traxectoria
Comezo deportivo Comezou a xogar ao fútbol desde os cinco anos, no campo de Vilanova do Vallès, próximo ao seu fogar. Tres anos despois mudpu ao Damm, e finalmente ao R. C. D. Espanyol en 2008. Na súa última etapa como infantil explotara como xogador, polo que o Fútbol Club Barcelona fíchao para incorporalo á Masía, ao Cadete "B" de Franc Artiga.
FC Barcelona Co devenir dos anos, Carles Pérez foi medrando e progresando nas categorías inferiores do Barça. Así, o 3 de outubro de 2015 debutou co filial azulgrana de mans de Gerard López nun encontro fronte ao Atlético Levante como visitante. O partido rematou cun empate sen goles, Carles entrou no minuto 62' en substitución de Maxi Rolón.
O 19 de maio de 2019 debutou en partido oficial co primeiro equipo na última xornada de Liga no empate a 2 perante a S. D. Eibar en Ipurúa. O 25 de agosto anotou o seu primeiro gol en partido oficial co primeiro equipo na vitoria por 5 a 2 fronte ao Real Betis Balompé na 2.ª xornada de Liga.
O 27 de setembro de 2019 o club azulgrana anunciou a súa renovación ata o 30 de xuño de 2022.
O 10 de decembro de 2019 debutou na Liga de Campións anotando un dos goles de vitoria do conxunto azulgrana ante o Inter de Milán por 1 a 2 e garantiu ter ficha do primeiro equipo tras xogar un mínimo de 30 minutos en sete partidos.
AS Roma O 30 de xaneiro de 2020 o Fútbol Club Barcelona anunciou a súa cesión á A. S. Roma até o final da tempada a cambio dun millón de euros cunha opción de compra obrigatoria de 11 millóns máis 3,5 en variables.1 Debutou dous días despois na derrota por 4-2 fronte ao U. S. Sassuolo na Serie A e o 20 de febreiro anotou o seu primeiro gol co equipo na vitoria pola mínima (1-0) perante o K. A. A. Gante na ida dos dezaseisavos de final da Liga Europa da UEFA.
Celta de Vigo O 8 de agosto de 2022 o R. C. Celta de Vigo anunciou que chegara a un principio de acordo coa entidade romanista para a súa cesión a falta da pertinente revisión médica. Ao día seguinte asinou por unha tempada, tendo o conxunto vigués unha opción de compra ao seu remate.
Estatísticas Clubs 20px Actualizado co último partido disputado o .
ClubDiv.TempadaLigaCopasnacionaisCopasinternacionaisTotalPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesF. C. Barcelona "B"2.ª B2015-1610——102.ª2017-18273——2732.ª B2018-19269——2692019-2011——11Total club 55 13 — — 55 13F. C. Barcelona1.ª2018-19100000102019-201011011122Total club 11 1 1 0 1 1 13 2A. S. Roma1.ª2019-20141—311722020-2121210913132021-221911082283Total club 54 4 2 0 20 4 76 8R. C. Celta de Vigo1.ª2022-2322032—252Total club 22 0 3 2 0 0 25 2Total carreira 142 18 6 2 21 5 169 25
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Granollers Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Aris Salónica FC