Bowery Electric foi unha banda estadounidense de post-rock formada por Lawrence Chandler e Martha Schwendener no ano 1993.

Historia Formada por Lawrence Chandler e Martha Schwendener a finais de 1993, Bowery Electric realizou o seu primeiro concerto en Nova York en xaneiro de 1994. O primeiro lanzamento da banda foi un dobre sinxelo de 7" gravado por Kramer e editado por Hi-Fidelity Recordings en 1994. Tras escoitalo o selo Kranky contactou co grupo.

O seu álbum de estrea, Bowery Electric, foi gravado por Michael Deming no Studio .45 en Hartford, Connecticut, e editado por Kranky en 1995. Andrew Earle incluíu o disco no seu libro de 2014 Gimme Indie Rock: 500 Essential American Underground Rock Albums 1981-1996. En 2016 Pitchfork nomeouno o 35º mellor álbum de shoegaze da historia.

En 1996 a banda publicou o álbum Beat que incluía o sinxelo "Fear of Flying". En 2016 Beat foi reeditado por Kranky en vinilo polo seu 20 aniversario.

Vertigo, un álbum de remesturas de temas de Beat, foi editado en 1997. Vertigo contaba con distintos artistas como Third Eye Foundation, Robert Hampson, Witchman e outros.

No ano 2000 a banda lanzou o álbum Lushlife, que fora gravado en Electric Sound. O disco chegou ao número 14 da lista Top 200 "CMJ Top 200". CMJ New Music Report. 62 (661): 13. 10 de abril de 2000. e ao 11 da lista Core Radio de CMJ."Core Radio". CMJ New Music Report. 62 (659): 18. 27 de marzo de 2000. Dende entón o grupo non volveu a editar máis música nin a actuar como Bowery Electric.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloBowery Electric1995KrankyBeat1996Beggars Banquet RecordsLushlife2000Beggars Banquet Records

Notas

Categoría:Grupos musicais da cidade de Nova York Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais de trip hop Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais formados en 1993