A bandeira dos wayuu (en ) é a bandeira étnica do pobo wayuu, un pobo indíxena que habita na rexión da península de La Guajira, dividida entre Colombia e Venezuela. Foi deseñada polo docente wayuu Elimenes Zambrano Sapuana e foi presentada o 14 de xaneiro de 2012 á comunidade durante o encontro "Ouutkajawaa sa'u Wakua'ipa".
Deseño miniatura|250px|Paisaxe da Guajira, presente na bandeira do pobo. A bandeira é produto de conversas e investigación con anciáns, artesáns e mestres wayuu de Venezuela e Colombia para representar á nación wayuu.
Vermello: Representa a cosmovisión wayuu e a enerxía dos devanceiros. Verde: Representado polo cardón, planta emblemática do territorio da Guajira. Amarelo: Representa o deserto da Guajira e a hospitalidade do pobo wayuu. Marrón: En forma de sol representa a inmensidade. Azul: Representa a arte, a narración, e a palabra, garantía da honra dun wayuu.
A simboloxía dos clans representan a unidade do pobo wayuu e as súas tradicións.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira dos wayuu en stateless-nations.com
Categoría:Pobo wayuu Categoría:Bandeiras étnicas Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras introducidas en 2012