San Lourenzo é un lugar da parroquia de Coruxo no concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 69 habitantes (28 homes e 41 mulleres).
Celebracións Neste lugar celébranse as festas de San Lourenzo do 9 ao 11 de agosto, aínda que tradicionalmente só se celebraba a véspera (día 9) e o día grande (día 10). A comisión de festas de San Lourenzo leva a cabo diferentes actos ao longo do ano, como a Festa dos Ovos con Chourizo e varias ceas-baile.
Patrimonio
Ermida de San Lourenzo, xa documentada no século XVIII. No muro do lateral esquerdo consérvase unha inscrición bastante ilexible enriba da fiestra.
Castro de San Lourenzo, un antigo poboado fortificado do que se conservan un foxo e un forte desnivel a modo de protección. O Penedo, un promontorio coroado cunha gran laxe (e outras máis cativas) con varios gravados e pozas, como o Pozo de San Lourenzo, que expertos relacionan cun lugar de sacrificios precristiáns. Segundo esta teoría, deitaríase o corpo sobre a parte alta do penedo e o sangue correría por dúas canles escarvadas na rocha ata chegar ao pozo. Antigamente facíanse misas durante os días das festas e varios rituais que xiran en torno á un petróglifo do que se di que ten gravadas as marcas que deixou a grella onde foi martirizado San Lourenzo no propio Penedo. Hai varias lendas arredor do monte do Gato, entre o barrio de San Lourenzo e o de Tintureira. Unha das máis importantes é que á entrada dunha suposta cova que une o barrio de San Lourenzo co de Fragoselo nas noites de lúa chea saía unha moura loira a peitear os seus cabelos enriba dunha laxe ou penedo. Lugares da Parroquia de Coruxo Lugares de Coruxo
Parroquias de Vigo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vigo
Categoría:Lugares de Vigo Categoría:Coruxo, Vigo