A tempada 1984-1985 da Naisten SM-sarja foi a terceira tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de trece equipos divididos en tres grupos tomaron parte na competición.

Ao final da tempada o Ilves de Tampere alzou o primeiro campionato finlandés feminino da súa historia.

Estrutura da tempada A competición constou de dúas partes. Na primeira parte os trece equipos dividíronse en tres grupos:

O Grupo Sur (Etelälohko) estivo formado por catro equipos, todos eles da rexión de Uusimaa. O Grupo Centro (Keskilohko) estivo formado por cinco equipos. O Grupo Norte (Pohjoislohko) o integraron catro equipos.

O sistema de puntuación outorgou dous puntos pola vitoria, un punto polo empate, e o equipo perdedor non recibía ningún punto.

O campión finlandés decidiuse na liga final, disputada polos dous primeiros equipos do Grupo Sur, e polos gañadores dos cruces entre os dous primeiros equipos dos outros dous grupos. Esta segunda fase da competición disputouse en formato de liga a dobre volta

Equipos participantes Grupo Sur NomeCidadeEVU VantaaHIFK HelsinquiHJK HelsinquiShakers Kerava

Grupo Centro NomeCidadeIlves TampereIlves-Kiekko TampereKetterä ImatraSaiPa LappeenrantaStU Savitaipale

Grupo Norte NomeCidadeKiekko-Vesa RaaheSport VaasaTeräs-Kiekko RaaheÄssät Pori

Liga regular Grupo Sur No grupo sur cada equipo disputou nove encontros, ao xogarse este en formato de liga a tripla volta. O HJK de Helsinqui finalizou a liga regular primeira posición logo de gañar todos os seus partidos. A segunda posición foi para o EVU de Vantaa, que tan só cedeu nos seus tres partidos fronte ao HJK. Pola súa banda HIFK finalizou na terceira posición logo de gañar tan só os seus tres enfrontamentos contra as pechacacelas do Shakers, que non coñeceron a vitoria e encaixaron máis de dez goles nos seus tres partidos fronte o HJK, caendo nun deles por 0-21 na casa.

Clasificación Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts1HJK 9 9 0 0 65 7 +58 182EVU 9 6 0 3 33 15 +18 123HIFK 9 3 0 6 26 29 -3 64Shakers 9 0 0 9 8 81 -73 0

Resultados HJKEVUHIFKShakers HJK 1-05-1 5-03-2 11-0 EVU 2-3 3-14-0 7-0 HIFK 1-5 3-4 9-35-1 Shakers 1-110-21 2-90-3 1-5

Anotadoras Xogadora Equipo  PX  G   A  Pts PIM Kati Luomajoki HJK 9 9 12 21 6 Niina Honkanen HJK 9 11 5 16 2 Anna Buttenhoff HJK 9 8 7 15 12

Grupo Centro Clasificación Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts1Ilves 8 8 0 0 161 2 +159 162Ilves-Kiekko 8 4 1 3 44 41 +3 93SaiPa 8 4 1 3 32 37 -5 94Ketterä 8 3 0 5 18 71 -53 65StU 8 0 0 8 3 107 -104 0

Resultados IlvesIlves-KSaiPaKetteräStU Ilves 13-1 20-0 31-0 16-0 Ilves-K 0-18 0-0 7-2 11-1 SaiPa 0-10 5-4 0-2 16-0 Ketterä 1-22 2-7 0-3 7-1 StU 0-31 0-14 1-8 0-4

Anotadoras Xogadora Equipo  PX  G   A  Pts PIM Anne Haanpää Ilves 8 38 11 49 8 Marianne Ihalainen Ilves 8 25 12 37 12 Päivi Virta Ilves 8 16 19 35 2

Grupo Norte Clasificación Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts1Sport 6 6 0 0 55 8 +47 122Ässät 6 4 0 2 39 10 +29 83Teräs-Kiekko 6 1 1 4 14 32 -18 34Kiekko-Vesa 6 0 1 5 3 61 -58 1

Resultados SportÄssätTeräs-KK-Vesa Sport 5-3 7-2 21-1 Ässät 0-2 13-2 13-0 Teräs-K 2-7 1-3 6-1 K-Vesa 0-13 0-7 1-1

Anotadoras Xogadora Equipo  PX  G   A  Pts PIM Sari Krooks Sport 6 29 3 32 8 Sirpa Mäki-Säntti Ässät 6 8 7 15 0 Katri Javanainen Ässät 6 11 3 14 0

Clasificación para a final Para decidir os dous equipos que acompañaron aos dous primeiros clasificados do grupo sur, os dous equipos que lideraron os outros dous grupos disputaron unha eliminatoria na que xogaron o primeiro do grupo norte (Sport) fronte o segundo do grupo centro (Ilves-Kiekko), e o primeiro do grupo centro (Ilves) fronte o segundo do grupo norte (Ässät). Nas eliminatorias o Ilves impúxose con claridade ao equipo de Pori, mentres que o Ilves-Kiekko tivo máis problemas para superar ao Sport, que malia a caer por 6-2 no primeiro encontro foi quen de empatar no segundo (6-6).

Ilves 13-2 Ässät Ilves 13-0 Ässät Ilves-Kiekko 6-2 Sport Ilves-Kiekko 6-6 Sport

Liga final Clasificación Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts1Ilves 6 5 0 1 46 8 +38 102EVU 6 3 2 1 31 13 +18 63HJK 6 2 2 2 21 12 +9 34Ilves-Kiekko 6 0 0 6 9 74 -65 0

Resultados IlvesEVUHJKIlves-K Ilves 3-0 5-1 15-1 EVU 5-3 1-1 5-2 HJK 0-1 2-2 8-3 Ilves-K 1-19 2-18 0-9

Anotadoras Xogadora Equipo  PX  G   A  Pts PIM Marianne Ihalainen Ilves 6 7 7 14 0 Anne Haanpää Ilves 6 6 8 14 8 Liisa Karikoski EVU 6 8 3 11 2

Equipo campión O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino en 1985 estivo integrado polas seguintes xogadoras:

Campión feminino de FinlandiaIlves Porteiras: Kati Ahonen, Katri Siljamäki

Patinadoras: Anne Haanpää, Marianne Ihalainen, Päivi Virta, Satu Huotari, Sari Keisa, Minna Myllymäki, Leena Suominen, Maarit Virtanen, Liisa Mäenpää, Anne Nurmi, Minna Katajisto, Leena Pajunen, Sari Saunio, Jaana Ruokosuu, Jaana Peltonen, Sanna Junttu </div>

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Naisten Liiga

1984 Categoría:Hóckey sobre xeo en 1984 Categoría:Hóckey sobre xeo en 1985