Operation Mincemeat (tamén chamada The Weapon of Deception) é un filme británico de drama bélico de 2021, dirixido por John Madden. Baséase no libro de Ben Macintyre sobre a operación Mincemeat durante a Segunda guerra mundial. A película está protagonizada por Colin Firth, Kelly Macdonald, Matthew Macfadyen, Penelope Wilton, Johnny Flynn e Jason Isaacs.

Foi estreada mundialmente no British Australia Film Festival de 2021 e no Reino Unido o 15 de abril de 2022 pola Warner Bros. Foi lanzada en Netflix para América do Norte e América Latina o 11 de maio de 2022.

Trama Durante a Segunda guerra mundial, dous oficiais de intelixencia británicos usan un cadáver e papeis falsos para burlar ás tropas nazis.

Elenco

Colin Firth como Ewen Montagu Matthew Macfadyen como Charles Cholmondeley Kelly Macdonald como Jean Leslie Penelope Wilton como Hester Leggett Johnny Flynn como Ian Fleming Jason Isaacs como John Godfrey Simon Russell Beale como Winston Churchill Paul Ritter como Bentley Purchase Mark Gatiss como Ivor Montagu Nicholas Rowe como David Ainsworth Will Keen como Salvador Gómez-Beare Alexander Beyer como Karl Kuhlenthal Lorne MacFadyen como Roger Dearborn Hattie Morahan como Iris Montagu Alex Jennings como John Masterman Mark Bonnar como St John Horsfall Gabrielle Creevy como Doris Michael Ruby Bentall como Connie Bukes James Fleet como Charles Fraser-Smith Nico Birnbaum como Alexis von Roenne Markus Von Lingen como Adolf Clauss Jonjo O'Neill como Teddy

Produción En maio de 2019 anunciouse que a película sería dirixida por John Madden e protagonizada por Colin Firth. Kelly Macdonald uniuse á película en outubro do mesmo ano. En decembro de 2019, Tom Wilkinson, Matthew Macfadyen, Penelope Wilton entre outros tamén se uniron ao elenco.

A rodaxe comezou en decembro de 2019 entre Londres e Andalucía. As localizacións inclúen unha escena de batalla na praia de Saunton en North Devon en febreiro de 2020 e unha escena en Málaga en marzo de 2021.

Distribución En febreiro de 2021, Warner Bros. International adquiriu os dereitos de distribución no Reino Unido. O filme foi estreado en salas o 15 de abril de 2022. Netflix adquiriu os dereitos da película en América do Norte e América Latina, e foi lanzado no seu servizo de streaming neses territorios o 11 de maio de 2022.

Recepción No sitio web de críticas Rotten Tomatoes, o 90% das 21 críticas son positivas, cunha valoración media de 6,5/10. Metacritic, que utiliza unha media ponderada, asignou á película unha puntuación de 57 sobre 100 baseada en 6 críticos, indicando "críticas mixtas ou medias".

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Operación Carne picada The Man Who Never Was (libro) The Man Who Never Was (filme)

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por John Madden Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes sobre axencias de intelixencia