Qu'est-ce qu'on a fait au Bon Dieu ? é un filme francés de 2014 dirixido por Philippe de Chauveron e protagonizado por Christian Clavier e Chantal Lauby.

É o primeiro título dunha serie de filmes, seguido por Qu'est-ce qu'on a encore fait au Bon Dieu ? en 2019, e Qu'est-ce qu'on a tous fait au Bon Dieu ? en 2022.

Sinopse Claude Verneuil, un notario gaullista, e a súa muller Marie, son dous burgueses católicos residentes en Chinon, Francia, e pais de catro fillas: Isabelle, Odile, Ségolène e Laure. As tres primeiras fillas casaron con descendentes de inmigrantes en Francia e de diferentes orixesa étnicas e relixións: Isabelle, avogada, casou con Rachid Ben Assem, musulmán e tamén avogado. Odile, dentista, casou con David Benichou, un empresario desempregado e xudeu sefardí. Ségolène, quen é artista plástica, casou con Chao Ling, un banqueiro chinés e budista.

Personaxes 400px|miniatura|Membros do elenco en Cannes no ano 2014.

Christian Clavier como Claude Verneuil Chantal Lauby como Marie Verneuil Medi Sadoun como Rashid Ben Assem Ary Abittan como David Benichou Frédéric Chau como Chao Ling Noom Diawara como Charles Kofi Pascal N'Zonzi como André Kofi Salimata Kamate como Madeleine Kofi Tatiana Rojo como Viviane Kofi Frédérique Bel como Isabelle Ben Assem Verneuil Julia Piaton como Odile Benichou Verneuil Émilie Caen como Ségolène Ling Verneuil Élodie Fontan como Laure Verneuil Élie Semoun como o psicólogo Loïc Legendre como o sacerdote de Chinon David Salles como o xendarme Axel Boute como o mozo "albino" ao teléfono

Produción Aínda que a historia está ambientada en Chinon, o filme foi rodado principalmente en París e Normandía. Algunhas tomas foron rodadas no castelo de Chinon o 10 de decembro de 2013.

Notas

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Philippe de Chauveron Categoría:Filmes sobre irmás Categoría:Filmes ambientados en Francia Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre vodas Categoría:Filmes sobre racismo Categoría:Filmes sobre inmigración Categoría:Filmes rodados en París