Festival Internacional de Curtametraxes de Kíiv (KISFF polas súas siglas en inglés) é un festival anual que se celebra en Kíiv, e o seu obxectivo é familiarizar ao público coas curtametraxes internacionais. No festival proxéctanse os filmes máis recentes, os gañadores de festivais internacionais, fanse retrospectivas de figuras extraordinarias e cunha atención especial ao cinema ucraíno moderno e clásico. KISFF tamén organiza proxectos e eventos para desenvolver a diversidade de curtametraxes en Ucraína. 300px|miniatura|O filme independente Kissing Hank's Ass foi proxectado no festival no ano 2015.Українські учасники KISFF 2015The 4th Kyiv International Short Film Festival

Historia O traballo no Festival Internacional de Curtametraxes de Kíiv comezou en 2011 e celebrouse na primavera de 2012 por primeira vez. Dende entón, ten lugar anualmente baixo calquera circunstancia. O festival é unha organización independente, sen ánimo de lucro e non gobernamental, que ten como principal obxectivo a promoción de curtametraxes.

A misión do festival é un intento de descubrir novas formas e métodos de produción cinematográfica en Ucraína e no estranxeiro, mediante o desenvolvemento de plataformas nacionais e internacionais para curtametraxes. O programa tamén inclúe outras proxeccións, clases e encontros.

Xurado O xurado do festival é elixido pola administración do festival. Normalmente hai varios convidados estranxeiros e representantes do cinema de Ucraína. Os membros do xurado son destacados directores, produtores e cineastas que recibiron premios internacionais. Segundo a normativa, os filmes cuxa lingua non sexa o ucraíno, o inglés ou o ruso deben ter subtítulos en inglés. Ao enviar o filme, a persoa é a única responsable do cumprimento de todos os dereitos necesarios.

Premios O xurado do certame entrega os premios en tres categorías: mellor filme, mellor director e premio do público. Ademais, o xurado poderá outorgar unha "mención especial do Xurado".

Notas

Categoría:Festivais de cinema de Ucraína Categoría:Kíiv