Povodyr (en ) é un filme ucraíno de 2014 dirixido por Oles Sanin. Foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Houbo certa polémica sobre a selección do filme en Ucraína en relación ao proceso de votación. Hai unha versión especial audiodescrita para persoas cegas.

Sinopse Ambientado na Ucraína soviética en 1930, conta a historia do enxeñeiro estadounidense Michael Shamrock, que chega a Khárkiv co seu fillo de dez anos, Peter para axudar a "construír o socialismo". Namórase dunha actriz Olga que ten outro admirador, o comisario Vladimir.

En tráxicas circunstancias, o americano é asasinado e o seu fillo é salvado dos seus perseguidores por un bardo cego (kobzar). Sen outra oportunidade de sobrevivir nunha terra estranxeira, o neno convértese no seu guía.

Personaxes Stanislav Boklan como Ivan Kocherga Jeff Burrell como Michael Shamrock Anton Sviatoslav Greene como Peter Shamrock Oleksandr Kobzar as Camarada Vladimir Iryna Sanina como Orysia Jamala como Olga

Galardóns e nomeamentos Ano Premio Categoría Nomeado Resultado2014Festival Internacional de Cinema de Odesa Mellor actor Stanislav Boklan Premio do Xurado á mellor fotografía Sergiy Mykhalchuk Grand Prix Oles Sanin 2014 Festival Internacional de Cinema de Varsovia Grand Prix Oles Sanin

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Ucraína propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua ucraína Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Ucraína Categoría:Filmes ambientados en Ucraína