María Luisa Sanjurjo de Oza, nada en Vigo o 4 de decembro de 1893 e finada na mesma cidade en setembro de 1949,"Vigo. Nota necrológica. El domingo a las once y media, tuvo lugar el traslado a la necrópolis de Pereiró de los restos mortales de la distinguida dama viguesa doña María Luisa Sanjurjo de Oza, esposa de nuestro particular amigo, el abogado don Roberto González Pastoriza.Al acto asistió una numerosa concurrencia, recibiendo los familiares de la extinta nuevas expresiones de condolencia, a las que unimos la nuestra muy sincera." La Noche: 2. Ano XXX Número 8.844. 27 de setembro de 1949 foi unha pianista e compositora galega.

Traxectoria Primeiros anos e formación Filla de Francisca Oza López-Baro e Benito Sanjurjo Ramírez de Arellano, un tudense que estudou arquitectura en París e foi promotor de vivendas creadas nos estudos de Michel Pacewicz ou Jenaro de la Fuente Domínguez. Era a maior de catro irmáns dunha familia con grande afección musical. Na súa casa eran habituais as veladas musicais nas que participaban familia e amigos e celebrábanse tamén faladoiros intelectuais. Estudou piano en Vigo con Eduardo Villanueva, subdirector da banda municipal, e co seu fillo Manrique,Faro de Vigo, 13-6-1908, p. 2 primeiro premio de piano no conservatorio de Madrid en 1904.Abreu Fernández, Pablo (2013). "La edición musical en Vigo en la primera mitad del siglo xx: Manrique Villanueva" en Os soños da memoria: Documentación musical en Galicia: Metodoloxías para o estudo. Capelán, Garbayo, Costa, Villanueva. Universidade de Santiago de Compostela, p. 484, ISBN 978-84-695-4988-9. Examinouse por libre en Madrid dos primeiros cursos e máis tarde instalouse coa súa familia na capital xa que seu irmán ingresara na escola militar de Toledo.

En 1913 rematou estudos de piano sendo alumna predilecta de José Tragó (mestre de piano de Joaquín Turina e Manuel de Falla) e obtivo o premio extraordinario de honra na convocatoria de 1914. Tamén rematou estudos de Harmonía con Valentín Arín. Segundo testemuña da súa sobriña, a poetisa María do Carme Kruckenberg, "Estudou oito horas diarias, por iso chegou onde chegou".

Carreira profesional No ano que rematou os estudos compuxo a súa obra Miña Terra que en versión de banda interpretou a Banda Municipal de Vigo baixo a dirección do seu director Mónico García de la Parra, acabado de chegar.

Comezou unha incipiente carreira como pianista e realizou concertos en 1914 en Vigo e en 1916 en Madrid diante da infanta Isabel, grande mecenas da música en España, cunhas excelentes críticas en prensa, contando co apoio do pianista Pepito Arriola. Como consecuencia destes éxitos foi solicitada polo Ateneo de Madrid e outros centros artísticos. Porén, non contou co obrigado permiso paterno xa que Benito consideraba unha "humillación" a dedicación profesional á música e só permitiu a súa presenza en actos benéficos. Nesta época foi cando impartiu clases de piano a Sofía Novoa.

Trala fin da I Guerra Mundial marchou vivir a París cuns familiares para continuar a súa formación. Regresou a Madrid en 1924, xa falecido seu pai, e tentou retomar a súa actividade musical. Compuxo o pasodobre Faro de Vigo e ofreceu un concerto benéfico no teatro da comedia tocando o Concerto de Bach de August Stradal, o Allegro de Concerto de Enrique Granados, un Preludio de Frédéric Chopin, Chisperos de Pedro Blanco López, San Francisco de Paula camiñando sobre as ondas de Franz Liszt e a Polonesa de Ignacy Jan Paderewski. Instalouse en Vigo como profesora de piano e casou en agosto de 1927 co avogado galeguista republicano Roberto González Pastoriza. miniatura|M.ª Luisa Sanjurjo con Pepito Arriola en 1916. Tralo seu casamento deixou definitivamente de tocar en público e, ao pouco do nacemento do seu segundo fillo, comezou a desenvolver os síntomas da miastenia. Comezou cunha leve coxeira e foise agravando dun xeito moi doloroso. A función muscular foise degradando ata impedir a deglutición e era acompañada de fortes dores de cabeza e unha enorme sensibilidade ao son que lle impedía tocar o piano.

Morreu en setembro de 1949, aos 55 anos de idade. Soterrárona no cemiterio de Pereiró.

Vida persoal

Foi nai de Roberto e Margarita (Margot) González-Pastoriza Sanjurjo.

Obra

"Miña Terra", gallegada (1913). "Faro de Vigo", pasodobre (1924).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Pepito Arriola

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Pianistas de Galicia Categoría:Compositores de Galicia