Alfredo Vilar Veiga, nado en Vigo o 27 de febreiro de 1893 e finado na Coruña o 27 de xullo de 1979, foi un banqueiro e político galego.
Traxectoria Estudou o bacharelato no Instituto da Coruña.La Voz de Galicia, 31-5-1904, p. 2. Durante a guerra civil foi subinspector xeral de servizos da administración do Banco de España. Militou en Izquierda Republicana e estaba afiliado á UGT. Ao rematar a guerra pasou a Francia e despois exiliouse en México coa familia arrivando a Veracruz no buque Ipanema o 7 de xullo de 1939.Asilados politicos españoles a bordo del vapor Ipanema Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xuño de 1941.BOE, 18-6-1941, p. 2516. Retornou a Galicia a finais dos anos sesenta. Finou na Coruña o 27 de xullo de 1979.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 28-7-1979, p. 55.
Vida persoal Casou con Rolindes Munch Zapata, irmá de Antonio Munch Zapata, e foi pai de Alfredo, Enrique e José Vilar Munch.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Secretaría de Gobernación de México
Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1979