1 dólar (akahi dala) "1 Dollar - Kalākaua I". Numista.com368x368pxA/: Cabeza cara á dereita de Kalākaua I. Data no exergo. Lenda: KALAKAUA I KING OF HAWAII.R/: escudo de armas de Hawai, brasonado sobre manto de armiño. Valor facial partido a ambos os lados. Lenda: UA MAU KE EA O KA AINA I KA PONO / 1 D / AKAHI DALA Datas: 1883. Cecas: Ceca de San Francisco. Gravador: Charles E. Barber. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe: 499.974 exemplares.Moitas delas foron refundidas; véxase táboa ao final do artigo Diámetro: 38,10 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,58 mm. Canto: estriado.
As moedas de Kalākaua son unha serie de moedas de prata do Reino de Hawai e datadas en 1883, emitidas a nome do rei Kalākaua co fin impulsar o orgullo do pobo hawaiano ao dotar o reino da súa propia moeda.
Foron cuñadas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos na súa Ceca de San Francisco, cos valores dun dólar, medio dólar, un cuarto de dólar e 10 centavos, e os seus deseños son obra de Charles E. Barber, gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos.
A partir da Lei de 1880 que autorizaba a emisión de moeda, o rei Kalākaua amosou o seu interese e os responsables do Goberno viron un xeito de saír dun aperto financeiro conseguindo que se emitisen moedas a cambio de bonos gobernamentais. O empresario Claus Spreckels estaba disposto a facer os acordos necesarios cos Estados Unidos a cambio dos beneficios da produción das moedas, e contratou coa US Mint a cuñaxe de moedas por valor de 1.000.000 de dólares. Nun principio, prevírase cuñar unha peza de 12½ centavos ou ⅛ de dólar e mesmo chegaron a producirse algúns espécimes a modo de proba, mais esta posibilidade rexeitouse, nun esforzo por lograr a uniformidade entre os sistemas estadounidense e hawaiano, e finalmente substituíuse por unha moeda de dez centavos. As moedas cuñáronse en San Francisco en 1883 e 1884, aínda que todas levan a data inmobilizada de 1883.
As Kalākaua foron recibidas con hostilidade pola comunidade empresarial de Honolulu, que temía a inflación nunha época de recesión. Logo dalgunhas manobras legais, o Goberno accedeu a utilizar máis da metade das moedas como garantía do papel moeda, o que continuou ata que comezou a mellora da situación económica en 1885. Despois diso, as moedas foron aceptadas con máis entusiasmo na circulación e permaneceron no fluxo comercial das illas ata a súa retirada en 1903, logo da anexión do territorio de Hawai polos Estados Unidos.
Antecedentes esquerda|miniatura|149x149px|Emisión privada de 12½ centavos, da plantación Wailuku (1871)."12½ Cents - Wailuku Plantation". Numista.com
Antes da chegada do capitán Cook en 1770, os hawaianos non utilizaban moedas e a súa economía agrícola baseábase no troco. As primeiras relacións entre os hawaianos e os exploradores tamén se baseaban no troco,Medcalf, D.; Russell, R (1991) . Páxina 4. e ás veces utilizábanse tamén cravos, doas e pequenos anacos de ferro como moeda,Billam-Walker, D. (1940). Páxina 14. mais cando comezou un comercio exterior máis sistemático, a principios do século XIX, chegaron ao arquipélago procedentes de moitos países como pagamento polas exportacións. A chegada dos misioneiros, así como as plantacións e outras actividades comerciais que se sucederon axiña, deron lugar ás primeiras moedas xeradas polas illas: fichas e vales privados utilizados para pagar aos traballadores debido á escaseza crónica de moeda miúda. Os lazos comerciais e as conexións culturais cos Estados Unidos levaron á comunidade empresarial hawaiana a utilizar como unidade de conta o dólar estadounidense, que se converteu na base do comercio, e o Goberno real hawaiano publicaba periodicamente táboas co valor das moedas non estadounidenses en relación co dólar. Isto era necesario porque esas moedas, traídas ás illas polo comercio exterior, circulaban como medio de cambio xunto coas pezas de prata e ouro estadounidenses. miniatura|O rei de Hawai Kalākaua."King Kalakaua". Library of the Congress. En 1847, o rei Kamehameha III emitira xa unha moeda de bronce co valor facial dun centavo, probablemente cuñada por unha empresa de Nova Inglaterra, aínda que non fora moi popular entre os comerciantes, que preferían non negociar con cantidades tan pequenas. A tiraxe daquela primeira emisión gobernamental fora de 100.000 exemplares,"1 Cent - Kamehameha III". Numista.com aínda que se estima que só chegaron a entrar na circulación arredor de 12.000 pezas. O fracaso fixo que daquela o Goberno reconsiderase os seus plans de emitir tamén moedas doutros valores faciais.Medcalf, D.; Russell, R (1991) . Páxina 37.
En 1883, a maioría das moedas das illas eran estadounidenses, por mor da estreita integración económica entre o arquipélago e o continente. As leis de Hawai reflectían esta situación, xa que se admitían as moedas de ouro dos Estados Unidos e considerábanse moedas de curso legal por unha cantidade ilimitada, en tanto que as moedas de prata estadounidenses tiñan curso legal ata a suma de 50 dólares.Andrade, E. (1977). Páxinas 97-98.
En 1879, o reino emitiu tamén os seus primeiros billetes, que tecnicamente eran certificados de depósito, coa posibilidade de os trocar por moedas de prata e con valores faciais que ían desde os 10 ata os 500 dólares.Medcalf, D.; Russell, R (1991) . Páxina 15.
Naquela época, en Hawai, as moedas de ouro tiñan un sobreprezo sobre o seu valor nominal se se compraban con prata; só o ouro podía utilizarse para certas transaccións, como o pagamento de dereitos alfandegueiros. A prata importárase moito no reino na década de 1870, malia os esforzos do Goberno por frear o fluxo con impostos, e por iso o ouro era alí máis caro en relación coa prata que nos Estados Unidos, onde había máis estabilidade monetaria. Calquera grande afluencia de prata á circulación, como a das moedas de Kalākaua, significaba que a prata en mans da poboación podía chegar a valer menos en relación ao ouro. En 1883, Hawai estaba en recesión, debido en parte á caída dos prezos do azucre pola sobreprodución.Andrade, E. (1977). Páxinas 99-100.
Preparación miniatura|Walter Murray Gibson, primeiro ministro de Hawai (1882-1887) baixo o reinado de Kalakaua.Gavan, D. (1984). Holy Man: Father Damien of Molokai. University of Hawaii Press. Page 114
O responsable de finanzas do Goberno hawaiano, Walter M. Gibson, apoiado polo ministro do Interior, Samuel G. Wilder, impulsou unha nova lei monetaria na lexislatura de 1880,Medcalf, D.; Russell, R (1991) . Páxina 5. que lle permitía ao reino adquirir ouro e prata para cuñar novas moedas hawaianas. O Goberno esperaba mellorar a moral dos nativos hawaianos coa emisión das súas propias moedas, xa que o seu número e a súa influencia diminuíran nas últimas décadas.
O rei comezou a amosar tamén interese pola aparición da súa imaxe nas moedas a partir da xira internacional que levou a cabo en 1881. Durante aquela viaxe, o propietario dunha empresa mineira de níquel de Nova Caledonia púxose en contacto con el coa esperanza de utilizar o metal na cuñaxe de moedas hawaianas, e tras o regreso do monarca a Honolulu chegaron a enviárselle mostras para unha peza de níquel 5 centavos, aínda que finalmente non se chegou a producir para a súa circulación e a súa tiraxe en proba limitouse a 200 exemplares."5 Cents - Kalākaua I". Numista.com
Non se tomou ningunha nova medida ata 1882, cando o rei nomeou a Gibson para dirixir o Goberno. Gibson seguiu adiante coa idea da emisión de moeda gobernamental, que debía ter a efixie do monarca no anverso e o escudo de Hawai e o lema nacional Ua Mau ke Ea o ka ʻĀina i ka Pono ("A vida da Terra perpetúase con rectitude") no reverso.Andrade, E. (1977). Páxinas 97-99. A lei de 1880 especificaba que as moedas de prata debían expresar os valores dun dólar, cincuenta centavos, vinte e cinco centavos, e doce centavos e medio.Adler, J. (1960-a-). Páxinas 132-133.Andrade, E. (1977). Páxina 39. A cantidade de doce centavos e medio —tamén coñecida como bit e equivalente a un real colonial español)— era adoito o pagamento diario dun xornaleiro.Billam-Walker, D. (1940). Páxina 16.
A Lei Nacional de Préstamos prevía dous millóns de dólares en bonos, pero debido á súa escasa solvencia, o reino non puidera vendelos. O primeiro ministro Gibson tivo a idea de combinar as dúas leis nomeando o empresario Claus Spreckels, amigo íntimo do rei, como axente do Goberno para contratar coa Casa da Moeda dos Estados Unidos a cuñaxe de moedas, e que Spreckels cobrase en bonos do Goberno. En marzo de 1883, o consello de ministros autorizou que o ministro de Finanzas, John Mākini Kapena, realizase o acordo con Spreckels, quen recibiu pola súa vez a autorización formal para desempeñar esa función en maio. H. A. P. Carter, enviado hawaiano en Washington, actuou como intermediario entre os hawaianos e o Goberno estadounidense, e escribiu ao ministro Kapena en xuño que as autoridades estadounidenses consideraban peculiar o acordo da axencia, xa que un xeito máis habitual de proceder tería sido que o Goberno hawaiano contratase directamente e pagase as moedas en efectivo.
¼ dólar (hapaha) "¼ Dollar - Kalākaua I". Numista.com270x270pxA/: Cabeza cara á dereita de Kalākaua I. Data no exergo. Lenda: KALAKAUA I KING OF HAWAII.R/: escudo de armas de Hawai. Valor facial partido a ambos os lados. Lenda: UA MAU KE EA O KA AINA I KA PONO / ¼ D / HAPAHA Datas: 1883. Cecas: Ceca de San Francisco. Gravador: Charles E. Barber. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe: 500.000 exemplares. Diámetro: 24,30 mm. Peso: 6,30 g. Canto: estriado.
Spreckels mantiña correspondencia coas autoridades estadounidenses. En xaneiro de 1883, o director da Casa da Moeda dos EEUU, Horatio C. Burchard, escribíralle para lle explicar as leis baixo as cales a US Mint podía cuñar moedas por encarga de gobernos estranxeiros, e tamén lle comentou que, aínda que as moedas podían cuñarse na Ceca de San Francisco, os cuños para a súa produción terían que prepararse na Ceca de Filadelfia. Burchard pediulle esbozos a Spreckels, quen lle proporcionou un anverso co retrato do rei de cara completa, que lle foi presentado ao gravador xefe Charles E. Barber en Filadelfia. Barber rexeitouno por consideralo pouco práctico para a súa cuñaxe; recomendou que o rei aparecese de perfil e, posteriormente, envióuselle unha fotografía adecuada para que a utilizase na preparación dos modelos das moedas propostas. Logo de recibir a encarga de Spreckels como axente, o director en funcións da Casa da Moeda, Robert E. Preston, escribiu sinalando que a autorización prevía pezas de 12½ centavos, pero que a lei hawaiana exixira moedas idénticas en tamaño, peso e lei ás estadounidenses, e que non existía ningunha cuñada pola Casa da Moeda dos EEUU con ese valor facial. Preguntou entón se no canto delas se aceptarían pezas de dez centavos, aínda que non houbo unha resposta inmediata, e Barber rematou os seus deseños preliminares, incluído o da moeda de 12½ centavos ou ⅛ de dólar.Adler, J. (1960-a-). Páxina 134.