O Premio Blanco Amor é un premio literario galego dotado con 12 000 euros que premia unha novela longa en lingua galega. Creado en 1981 en homenaxe a Eduardo Blanco Amor por iniciativa do concello de Redondela, a obra gañadora publícaa a editorial Galaxia.

Inicialmente estaba convocado por 52 concellos galegos, rotando cada ano un dos concellos en calidade de organizador. Desde o 2015 organiza e patrocina este certame a Deputación de Ourense, incorporándose, no 2017, a Fundación Eduardo Blanco-Amor, creada nese ano.

Gañadores 1981: A vila sulagada (Daniel Cortezón) 1982: O triángulo inscrito na circunferencia (Víctor F. Freixanes) 1983: Beiramar (Xosé Manuel Martínez Oca) 1984: Xa vai o griffón no vento (Alfredo Conde) 1985: O inverno do lobo (Xoán Manuel Casado) 1986: A canción do vagamundo (Lois Diéguez) 1987: O sorriso de Gardel (Isaac Otero) 1988: Turbo (Miguel Suárez Abel) 1989: O crime da rúa da Moeda Vella (Román Raña) 1990: Riosil (Valentín Carrera) 1991: Tráiler (Fran Alonso) 1992: Soños eléctricos (Ramón Caride Ogando) 1993: Culpable de asasinato (Úrsula Heinze) 1994: Panificadora (Xosé Cid Cabido) 1995: Non se convocou pola negativa do Concello da Coruña. 1996: O paxaro que canta un nome (Xavier Lorenzo Tomé) 1997: Calzados Lola (Suso de Toro) 1998: Alén da desventura (Xavier Alcalá) 1999: Grupo abeliano (Xosé Cid Cabido) 2000: Ébora (Xosé Carlos Caneiro) 2001: Martázul (Xosé Antonio Perozo) 2002: As voces da noticia (Xosé Monteagudo) 2003: Orixe (Séchu Sende) 2004: Dentro da illa (Dolores Ruiz Gestoso)

2005: 2006: Spam (Francisco Castro) 2007: Mentres a herba medra (Xesús Rábade Paredes) 2008: Memorias da cidade sen luz (Inma López Silva) 2009: Monte Louro (Luís Rei Núñez) 2010: O imposible de desatar (Iván García Campos) 2011: ATL (Manuel Lourenzo González) 2012: Dióxenes en Dolorida (Ignacio Vidal Portabales) 2013: O violín de Rembrandt (Jorge Llorca Freire) 2014: Cabalos e lobos (Fran P. Lorenzo) 2015: Os kowa (Xavier Queipo) 2016: Blues para Moraima (Miguel Anxo Fernández Fernández) 2017: Declarado deserto. 2018: Por puntos (Manuel Portas) 2019: Virtudes (e misterios) (Xesús Fraga) 2020: As malas mulleres (Marilar Aleixandre) 2021: Aquí comeza o mar (Blanca Riestra) 2022: A inmoral doutora Cons (Roberto Fernández Álvarez) 2023: O incendio (Sara Vila) 2024: As obras póstumas (Diego Giráldez) 2025: Boundaries Road SW12 8HD (Cecilia F. Santomé)

Notas

Véxase tamén Bibliografía A grande aventura do libro, contada por el mesmo, Deputación de Ourense, Santiago de Compostela, 2013, ISBN 978-84-941165-1-3.

Ligazóns externas Ramos, Alberto (5/5/2012). "30 anos de Premio Blanco Amor" praza.gal