Martí Serra Molist, nado en Sant Hipòlit de Voltregà o 5 de novembro de 1996, é un xogador de hóckey a patíns catalán, que xoga como porteiro no Deportivo Liceo da OK Liga.

Traxectoria

Nado en Sant Hipòlit de Voltregà, formouse como xogador de hóckey a patíns na canteira do Vic, co que debutou na OK Liga na tempada 2014/15, campaña na que se estreou tamén na Liga Europea. Xogou no Vic ata 2017, cando se converteu en novo xogador do Calafell, da Primeira División, a segunda categoría do hóckey nacional. Co club tarraconense logrou o ascenso á OK Liga na súa primeira campaña e militou outros dous anos na máxima categoría, sendo o porteiro titular do equipo. Entre 2020 e 2022 xogou no Lleida, disputando 69 partidos e proclamándose campión da Copa WSE na tempada 2020/21, tras derrotar ao Sarzana italiano na final disputada en Andorra la Vella.

En xuño de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Liceo coruñés, vixente campión de liga, onde ocupou o oco deixado por Marc Grau. Selección española

En 2018 foi convocado pola selección española sub-23 para disputar a Copa Latina en Saint-Omer, a onde acudiu como suplente de Blai Roca, proclamándose campión. En novembro de 2021 recibiu a súa primeira convocatoria coa selección española absoluta, coa que gañou ese mesmo mes o Campionato de Europa, sendo o terceiro porteiro por detrás de Marc Grau e Xavi Malián. Palmarés Lleida Copa WSE (1): 2018.

Selección española sub-23 Copa Latina (1): 2018.

Selección española Campionato de Europa (1): 2021.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en ceroacero.es .

Categoría:Nados en Sant Hipòlit de Voltregà Categoría:Nados en 1996 Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Cataluña Categoría:Xogadores do H.C. Liceo Categoría:Personalidades sen imaxes