Sara Estévez Urquijo, nada en Bilbao en 1925, coñecida tamén como Maratón ou Marathon, é considerada a primeira muller xornalista, cronista deportiva e directora dun programa deportivo radiofónico. Traballou en Radio Juventud de Vizcaya, Cadena Azul de Radiodifusión, Radio Cadena Española e Radio Nacional de España. Entre 1954 e 1990 realizou crónicas do Athletic Club e dirixiu un espazo sobre o deporte base biscaíño baixo o pseudónimo de Maratón.

Traxectoria Sara Estévez Urquijo, coñecida como Sarita, naceu no barrio bilbotarra de San Francisco en 1925. Quedou orfa de pai aos 2 anos e viu a 4 dos seus 8 irmáns morreren novos. Cando quixo ser maior de idade, a súa cidade xa caera en mans franquistas. Unha irmá súa, mestra, aprendeulle a ler e escribir. Na adolescencia estudou taquigrafía, mecanografía e contabilidade e entrou a traballar na empresa Unquinesa de Lamiako. Alí acadou o posto de secretaria de dirección.

En 1947 aproveitou a paga extra do 18 de xullo para facerse abonada (daquela as mulleres non podían ser socias) do Athletic de Gainza, Iriondo, Panizo, Venancio e Zarra.

Aos poucos conseguiu introducirse no ambiente futbolístico e chegou a colaborar en Radio Juventud. Creou unha rede de correspondentes anónimos para solicitar os resultados dos encontros disputados en Biscaia e transmitilos antes das 11 da noite no programa faladoiro Stadium da emisora.

Alí naceu tamén o seu 'alter ego', o misterioso xornalista deportivo Marathon. Os seus comentarios, locutados por Francisco Blanco, convertéronse entre 1954 e 1990 en referencia da crítica futbolística da época. Até 1973 ninguén soubo a identidade real de Marathon.

Xubilouse en 1990 tras 38 anos na radio. Foi reporteira de rúa e traballou en todos os ámbitos informativos, en especial os deportivos. Tamén colaborou en El Correo con artigos sobre os partidos do Athletic.

A Asociación de Periodistas Vascos (APV) distinguiuna en 2009 co Premio Periodistas Vascos na súa segunda edición, en recoñecemento a unha vida de entrega ao xornalismo e á radio. Desde o anonimato abriu novos camiños e converteuse na primeira muller cronista de fútbol e directora dun programa deportivo.

Premios e recoñecementos

León de bronce do Athletic Club. Placa de prata da Real Federación Española de Fútbol Insignia de ouro do Arenas Club de Getxo Medalla de prata ao mérito deportivo. Premio Xornalistas Vascos da Asociación de Xornalistas Vascos (2009) Nomeada Ilustre de Bilbao en 2016

Notas

Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Xornalistas do País Vasco Categoría:Nados en 1925 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Xornalistas deportivos Categoría:Xornalistas radiofónicos de España