Os huilliches, tamén coñecidos como huiliches ou mapuches huilliches, son un pobo indíxena, pertencente ao macrogrupo étnico mapuche, que habita en Chile e a Arxentina. Habitan na zona sur de Chile, na coñecida como Futahuillimapu ("gran terra do sur") xunto cos subgrupos cunco ou veliche, e na parte norte da illa de Chiloé. Os huilliches son o principal pobo indíxena desas rexións.Villalobos et al. 1974, p. 49. Segundo Ricardo E. Latcham, o termo huilliche comezou a usarse en castelán despois da segunda fundación de Valdivia en 1645, referíndose ás tribos mapuches da zona sur da Araucania. Huilliche quere dicir 'sureños' (do mapuche willi 'sur' e che 'pobo'). Un estudo xenético mostrou importantes afinidades entre os huilliches e os pobos indíxenas do leste dos Andes, o que suxire, mais non proba, unha orixe parcial na actual Arxentina.

miniatura|250px|Bandeira huilliche adoptada polo Aukin Wallmapu Ngulam en 1990. Durante os séculos XVI, XVII e XVIII, os huilliches tiveron éxito en resistir a invasión española. Porén, despois das incursións de Figueroa de 1792, os huilliches foron derrotados de forma decisiva e o seu territorio foise abrindo aos asentamentos europeos comezando co Parlamento de Las Canoas. No presente, a maioría dos huilliches fala castelán, pero algúns, especialmente os adultos maiores, falan a lingua huilliche. Laurelia sempervirens, especie coñecida en huilliche como triwe, é a árbore ritual dos huilliches de Futahuillimapu.

miniatura|Mapa que amosa os pobos indíxenas de Chile; os huilliche atópanse na metade do país. Notas

Véxase tamén

Bibliografía Alberto Trivero (1999); Trentrenfilú, Proyecto de Documentación Ñuke Mapu.

Otero, Luis (2006). La huella del fuego: Historia de los bosques nativos. Poblamiento y cambios en el paisaje del sur de Chile. Pehuén Editores. .

Categoría:Pobo mapuche Categoría:Pobos indíxenas da Arxentina Categoría:Pobos indíxenas de Chile