A lingua huna era a lingua falada polo hunos, unha confederación tribal heteroxénea que invadiu Europa Oriental e Central, e gobernou a maioría da chaira panónica durante os séculos IV e V. Dentro do Imperio Huno falábanse unha gran variedade de linguas. Un informe contemporáneo de Prisco de Panio afirmaba que o huno se falaba xunto ao gótico e as linguas doutras tribos sometidas polos hunos.
Como non se conservan inscricións ou frases enteiras na lingua huna, o corpus testemuñado é moi limitado, composto case na súa totalidade por nomes propios en fontes gregas e latinas.
Orixe
Hipótese turca A lingua huna non se pode clasificar no presente, pero debido á orixe destes nomes propios comparouse principalmente coas linguas turcas, as linguas mongólicas, as linguas iranias orientais e as linguas ieniseianas, cunha maioría de estudosos apoiando a tese turca. Estes considerána como unha lingua relacionada coa lingua turca falada polos antigos búlgaros e co chuvaxo moderno. Hoxe, todas estas linguas clasifícanse, xunto co khazar e o ávaro-turco, como membros da póla ogúrica das linguas turcas.
Esta teoría de que o huno pertence á póla ogúrica deriva da identificación dalgúns dos nomes hunos como turcos; algúns rexistrados na escasa literatura supervivente e outros de artefactos recuperados polos arqueólogos. Mais esta teoría tamén ten algúns problemas. Así, palabras como medos, kamos, strava e, posiblemente, cucurun que non parecen ser turcas foron estudadas durante máis de século e medio, e ningún intento de conectalas co resto dos nomes de ningún grupo lingüístico coñecido ten conseguido un consenso académico. Igualmente, a inscrición na placa de Khan Diggiz interpretouse como unha forma turca do nome Dengizik, coñecido como o rei huno, fillo de Atila. Esta conclusión baséase no razoamento de que o vocabulario coñecido da lingua huna indica que pertence ao tipo r- e l- das linguas turcas e que a migración dos hunos foi a responsable da aparición desta lingua en Occidente. Este caso das linguas tipo r- e l- (turco "lir") só se observa actualmente en lingua chuvaxa, o único membro da rama turca ogúrica que non desapareceu. As outras linguas turcas ("turco común" ou "shaz"-túrquico) son de tipo z- y š-.
Hipótese ieniseiana Outros académicos, en particular Lajos Ligeti (1950/51) e Edwin G. Pulleyblank (1962), afirmaron que as linguas de Siberia, especialmente a lingua keta, membro das linguas ieniseianas, puideron ser (ou quizais foron) unha parte importante (ou talvez o núcleo lingüístico) das linguas xiongnu e huna.Vajda, 2013, pp. 4, 14, 48, 103–6, 108–9, 130–1, 135–6, 182, 204, 263, 286, 310. Vajda (et al. 2013) propuxo que a elite gobernante huna falaba unha lingua yeniseiana e influíu noutras linguas da rexión.
Porén, outros estudosos consideran que a evidencia dispoñible non é concluínte e, polo tanto, a lingua huna é inclasificable.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
ISBN 9781138862401
Categoría:Hunos Categoría:Linguas mortas de Asia Categoría:Linguas mortas de Europa