Edwin J. Reiter, máis coñecido como Ed Reiter, nado en Rochester, Nova York, o 9 de xuño de 1938 e finado en Wilkes-Barre, Pensilvania, o 24 de agosto de 2017, foi un escritor e editor numismático estadounidense.
Traxectoria Reiter cursou o seu ensino secundario na escola católica Aquinas Institute, en Rochester, a súa cidade natal, e os seus estudos superiores na Saint Bonaventure University, de Nova York, onde se graduou en Xornalismo en 1959."Ed Reiter dies at 79". En Coins Weekly. 6 de setembro de 2017.
Entre 1964 e 1980 exerceu a súa profesión no xornal Asbury Park Press, de Nova Jersey. Desde o 1 de xullo de 1979 a xaneiro de 1989 escribiu unha columna periódica sobre numismática na sección semanal de Arte e Lecer en The New York Times, e tamén traballou, entre outros, en The Record, de Hackensack, Nova Jersey, desde 1983 ata a súa morte.Smith, P. (2012). Páxina 347.
A súa relación coa prensa numismática comezou en 1972, cando se incorporou á redacción de Krause Publications como editor de Numismatic News. Tamén foi editor do NLG Newsletter (1981-1982) —o xornal do Gremio Literario Numismático— e da revista COINage (1986-2017). En 1990 foi nomeado director executivo do NLG Newsletter.
En 2002 publicou o libro The New York Times Guide to Coin Collecting,Reiter, Ed. (2002). The New York Times Guide to Coin Collecting. Griffin. ISBN 978-0312291266 baseado nas súas columnas xornalísticas publicadas nese xornal.Golino, L. (2017) .
Ed Reiter faleceu en Wilkes-Barre, Pensilvania, o 24 de agosto de 2017, aos 79 anos.Smith, P. (2012). Páxina 348."Ed Reiter, Former New York Times Numismatics Columnist, CoinAge Editor Dies at 79". En Coin Week. 24 de agosto de 2017.
Vida persoal Reiter estivo casado con Patricia Reiter, con quen tivo tres fillas e dous fillos."Ed Reiter dies at 79". En Coins Weekly. 6 de setembro de 2017.
Recoñecementos (1986): Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild."The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild. (1997): Glenn Smedley Memorial, da American Numismatic Association (ANA). (1998): Medalla ao Mérito, da ANA. (2014): Premio Burnett Anderson Memorial, da ANA, a ANS e o Numismatic Literary Guild (NLG)."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Golino, L. (2017). "A tribute to Ed Reiter ". En Coin Update. 25 de agosto. Howard, J. (2017). "Ed Reiter: A Life Well Written". En COINage. Agosto. Smith, P. (2012). "Reiter, Ed(win J.)". En American Numismatic Biographies. Páxinas 347-348.
Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados no condado de Monroe, Nova York Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Burnett Anderson Memorial Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Personalidades sen imaxes